Özgön
| Өзгөн (ky) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Kirguizistán | |||
| Subdivisões (pt) | Rexión de Osh | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 49.410 (2009) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 9,2 km² | |||
| Altitude | 1.025 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 723600 | |||
| Fuso horario | ||||
Özgön (en kirguiz: Өзгөн Özgön) é unha cidade do Kirguizistán situada na rexión de Osh.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade é mencionada nos anais chineses do século II a.C. e foi unha das capitais dos karakhánidas, chamada Mavarannahr na época destes, que deixaron tres mausoleos aínda preservados na actualidade. A cidade era a morada de Muhammad b. Nasr durante a división do kanato en dúas ramas.

Atopáronse relatos en Özgön obra de escritores árabes como Al-Muqaddasi e Ibn Hawqal do século X.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Özgön sitúase no leste do val de Fergana, xusto enriba do punto onde entra o Kara-Darya no val. Está a 48 quilómetros ao nordés da cidade de Osh, e a 32 quilómetros ao sueste de Jalal-Abad (actual Manas).
Clima
[editar | editar a fonte]Özgön ten un clima mediterráneo continental (Dsa). Os veráns son secos e quentes e as choivas son principalmente no inverno e meses adxacentes.
| Datos climáticos para Özgön | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
| Media diaria en °C | −4,3 | −1,7 | 6,1 | 13,9 | 18,5 | 22,6 | 24,4 | 22,8 | 18 | 11,5 | 4,4 | −1,5 | 11,2 |
| Precipitación media mm | 40,9 | 51,2 | 77,8 | 86,3 | 71,9 | 38 | 19,6 | 10,9 | 12,6 | 54,9 | 54,6 | 40,7 | 559,4 |
| Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 7 | 7,4 | 8,6 | 8,1 | 8,7 | 6,4 | 4,4 | 3,1 | 2,9 | 4,9 | 5,7 | 6,1 | 73,3 |
| Humidade relativa media (%) | 77,3 | 74,9 | 66,6 | 56,8 | 51,8 | 44,6 | 46,1 | 50 | 52,8 | 60,2 | 69 | 77,9 | 60,7 |
| Fonte: "O clima de Özgön". Weatherbase. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 31 de xullo de 2014. | |||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ David Nicolle (2008). Saracen Strongholds AD 630-1050: The Middle East and Central Asia. Osprey Publishing. pp. 46–. ISBN 978-1-84603-115-1. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 01 de abril de 2020.
