Sahle-Work Zewde
(2016) | |
Nome orixinal | (am) ሳህለወርቅ ዘውዴ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de febreiro de 1950 (74 anos) Adís Abeba (Imperio de Etiopía) |
4ª Presidente de Etiopía | |
25 de outubro de 2018 – 7 de outubro de 2024 ← Mulatu Teshome – Taye Atskeselassie (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa etíope |
Educación | Universidade de Montpellier Lycée Guebre-Mariam (en) |
Actividade | |
Ocupación | política, diplomática |
Empregador | ONU (2018–2018) Autoridade Intergovernamental para o Desenvolvimento (pt) (1993–2002) Unión Africana |
Partido político | político independente |
Sahle-Work Zewde (en amhárico: ሳህለወርቅ ዘውዴ), nada en Adís Abeba o 21 de febreiro de 1950 é a cuarta e actual presidenta de Etiopía, primeira muller que ocupa o cargo. Foi elixida presidenta por unanimidade polos membros da Asemblea Federal Parlamentaria o 25 de outubro de 2018.[1]
Sahle-Work tivo previamente unha carreira diplomática, servindo como representante especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas António Guterres para a Unión Africana e xefa da oficina das Nacións Unidas para a Unión Africana co nivel de Vicesecretaria Xeral das Nacións Unidas.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Nada en Adís Abeba,[3] Sahle-Work recibiu educación elemental e secundaria no Lycée Guebre-Mariam da súa cidade natal, tralo que estudou ciencias naturais na Universidade de Montpellier, Francia.[4][5] Fala amhárico, francés e inglés.[6]
Carreira diplomática
[editar | editar a fonte]Sahle-Work foi só a segunda muller nomeada embaxaidora na historia de Etiopía, despois de Yodit Emiru.[7][8]
Veterana do servizo exterior etíope, serviu como embaixadora no Senegal,[9] con acreditacións en Malí, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Gambia e Guinea, dende 1989 a 1993.[7] Entre 1993 e 2002, foi embaixadora en Djibuti e representante permanente na Autoridade Intergobernamental sobre Desenvolvemento (IGAD).[10][11] Máis adiante, serviu como embaixadora en Francia,[9] representante permanente na UNESCO e acreditada en Tunisia e Marrocos entre 2002 e 2006.[12]
A continuación, Sahle-Work mantivo outros altos cargos, incluíndo o de representante permanente de Etiopía para a Unión Africana e a Comisión Económica das Nacións Unidas para África (ECA) e o de director xeral para asuntos africanos no Ministerio de Asuntos Exteriores de Etiopía.[12]
Carreira nas Nacións Unidas
[editar | editar a fonte]Ata 2011, Sahle-Work serviu como representante especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon e como xefa da Oficina Integrada das Nacións Unidas para a Construción da Paz na República Centroafricana (BINUCA).[13]
En 2011, Ban nomeou a Sahle-Work directora xeral da oficina das Nacións Unidas en Nairobi (UNON).[14] Baixo Sahle-Work, a oficina de Nairobi converteuse nun centro máis importante da ONU para a África Central e Oriental, segundo o Africa Yearbook de 2012.[15]
En xuño de 2018, o secretario xeral António Guterres nomeou a Sahle-Work como a súa representante especial para a Unión Africana e xefa da oficina das Nacións Unidas para a Unión Africana (UNOAU) co nivel de Vicesecretaria Xeral das Nacións Unidas,[12] sendo a primeira muller que logrou o cargo.[14]
Presidencia de Etiopía
[editar | editar a fonte]Sahle-Work foi nomeada presidenta de Etiopía o 25 de outubro de 2018, sendo a primeira muller que servía no cargo[16] e a cuarta persoa dende que a coalición da Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope (EPRDF) chegou ao poder.[17] Substituíu a Mulatu Teshome, que dimitiu en circunstancias sen aclarar, e agárdase que Sahle-Work sirva dúas lexislaturas de seis anos.[6] No momento da súa elección, Sahle-Work era a única muller xefa de estado de África e a primeira xefa de estado de Etiopía dende a emperatriz Zewditu.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ethiopia gets first female president". BBC. 25 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ Secretary-General Appoints Sahle-Work Zewde of Ethiopia his Special Representative, Head of United Nations Office to African Union Arquivado 7 de xullo de 2018 en Wayback Machine. United Nations, publicación na prensa o 27 de xuño de 2018.
- ↑ Gebreselassie, Elias (27 de outubro de 2018). "Who is Sahle-Work Zewde, Ethiopia's first female president?". Al Jazeera. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018.
- ↑ "Sahle-Work Zewde poised to be Ethiopia's first female president". borkena.com. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Ethiopia appoints career diplomat Sahle-Work Zewde as Africa's only female president". The Daiy Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Sahle-Work Zewde named Ethiopia's first woman president". Al Jazeera. 25 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 "Celebrating Ethiopian Women: Ambassador Sahle-work Zewde". Ministerio de Asuntos Exteriores. 22 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ Haslach, Patricia (18 de marzo de 2015). "Remarks by U.S. Ambassador to Ethiopia Patricia M. Haslach at the Opening of the Second Annual Career Day on Women in Diplomacy". Embassy of the United States in Ethiopia. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 Schemm, Paul (25 de outubro de 2018). "Ethiopia appoints first female president in its modern history in latest reform". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2018.
- ↑ "News Alert: Ambassador Sahlework Zewde to become Ethiopia's president". Addis Standard. 24 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2018.
- ↑ Ms. Sahle-Work Zewde of Ethiopia – Special Representative to the African Union and Head of the United Nations Office to the African Union (UNOAU) Arquivado 25 de outubro de 2018 en Wayback Machine. Nacións Unidas, nota de prensa do 27 de xuño de 2018.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "Ms. Sahle-Work Zewde of Ethiopia – Special Representative to the African Union and Head of the United Nations Office to the African Union (UNOAU)". United Nations. 27 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2018.
- ↑ Tchounand, Ristel (25 de outubro de 2018). "Sahle-Work Zewde devient la première femme chef d'Etat de l’Ethiopie". La Tribune (en francés). Consultado o 26 de outubro de 2018.
- ↑ 14,0 14,1 Dahir, Abdi Latif (25 de outubro de 2018). "Ethiopia elects female president Sahle-Work Zewde". Quartz. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2018.
- ↑ Mehler, Andreas; Melber, Henning; van Walvaren, Klaas (2012). Africa Yearbook Volume 8: Politics, Economy and Society South of the Sahara in 2011. Brill Publishers. p. 17. ISBN 9789004241787.
- ↑ "Ethiopia's parliament approves Sahle-Work Zewde as president". Reuters. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ George Obulutsa (25 de outubro de 2018), Ethiopia's parliament approves Sahle-Work Zewde as first female president Arquivado 25 de outubro de 2018 en Wayback Machine., Reuters.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Mulatu Teshome |
Presidente de Etiopía 2018 -actualidade |
Sucesor: no cargo |