Sabela, nai de Xoán Bautista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabela, nai de Xoán Bautista

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I a. C. Editar o valor em Wikidata
Hebrom (Reino herodiano) Editar o valor em Wikidata
Morteséculo I Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa5 de novembro Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAharón e Levite (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeZacarías
FillosXoán o Bautista, John the Baptist in Islam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesSanta María (valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Visitación Editar o valor em Wikidata

Isabel ou Sabela (en grego Ἐλισάβετ e en hebreo אֱלִישֶׁבַע / אֱלִישָׁבַע) foi a nai de Xoán Bautista. Ademais era descendente de Aharón, parente de María e esposa de Zacarías, de acordo co Evanxeo de Lucas.

Narración bíblica[editar | editar a fonte]

Deus enviou o arcanxo Gabriel a Nazaret, en Galilea, para comunicarlle a María, parente de Isabel, que concibiría polo Espírito Santo un fillo, que se chamaría Xesús. O arcanxo informoulle tamén de que a seu parente Isabel comezara o seu sexto mes de embarazo. María viaxou a un monte de Hebrón, en Xudea, para visitar a Isabel (Lucas 1:26-40).

Esta visita da Virxe María á seu parente Isabel constitúe o misterio da Visitación á Virxe María (Lucas 1:39-56). María loa a Deus cunha oración chamada Magnificat.

Tradición[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, Isabel é filla dunha muller chamada Sobe, filla de Eliud, da tribo de Levi e de Emerenciana. Esta, ao quedar viúva casa con Matán (Mt. 1,15), natural de Belén e dedícanse á crianza de ovellas. Foron os pais de Ana, a nai de María e a avoa materna de Xesús.

Apócrifos[editar | editar a fonte]

Moitos evanxeos apócrifos mencionan a Isabel. O máis famoso é o Evanxeo de Santiago, que menciona que o seu esposo, Zacarías, foi asasinado.

Santidade[editar | editar a fonte]

Isabel é venerada como santa pola Igrexa católica o 5 de novembro. Na Igrexa ortodoxa e na Igrexa Anglicana éo o 5 de setembro, o mesmo día que Zacarías. Isabel está considerada como matriarca no santoral (5 de novembro) da Igrexa Luterana Sínodo de Misuri e Zacarías é considerado un profeta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]