Saltar ao contido

STS-92

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-92
Lanzamento da misión STS-92.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de outubro de 2000, 23:17 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión12,90 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e provisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso24 de outubro de 2000[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID2000-062A

STS-92 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de outubro de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. Marcou o centésimo voo dun transbordador.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-92, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións. Levou a viga Z1, varios xiroscopios, un adaptador de acoplamento e dous radiadores á estación. A tripulación fixo un total de catro paseos espaciais e antes de partir a Discovery elevou a órbita da estación cos seus propulsores.[3][5][6][7]

A tripulación estaba formada polo comandante Brian Duffy, a piloto Pamela A. Melroy e os especialistas de misión Koichi Wakata, Leroy Chiao, Peter J. K. Wisoff, Michael López-Alegría e William S. McArthur.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 24 de outubro de 2000.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 23 January 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80608(E)). 1 de febreiro de 2001: 4. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-92 / ISS-3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2009. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-92" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]