Leroy Chiao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leroy Chiao
Leroy Chiao Astronaut.jpg
Datos persoais
Nacemento28 de agosto de 1960
LugarMilwaukee
Actividade
MisiónsSTS-65, STS-72, STS-92, Soiuz TMA-5 e Expedição 10
Tempo no espazo229,36 días
PremiosMedalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e honorary doctor of the Shandong University
editar datos en Wikidata ]

Leroy Chiao, nado en Milwaukee (Wisconsin) o 28 de agosto de 1960, é un astronauta estadounidense, que formou parte das misións STS-65, STS-72, STS-92 e Soiuz TMA-5 e da Expedición 10 da Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 229,36 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chiao é graduado en enxeñería química pola Universidade de California en Berkeley en 1983 e máster e dourado na mesma disciplina pola Universidade de California en Santa Barbara en 1985 e 1987.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1990, converténdose oficialmente en astronauta en xullo de 1991. Cualificouse para ser Comandante da Estación Espacial, Oficial Científico da Estación e especialista de carga do transbordador espacial. Participou nas misións STS-65, STS-72, STS-92 e Soiuz TMA-5 e formou parte da Expedición 10 da Estación Espacial Internacional como Comandante. Deixou a NASA en decembro de 2005.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Dr. Leroy Chiao" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Chiao, Leroy" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]