Peter Wisoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Peter J. K. Wisoff»)
Peter Wisoff
Datos persoais
Nacemento16 de agosto de 1958
LugarNorfolk
CónxuxeTamara E. Jernigan
Actividade
MisiónsSTS-57, STS-68, STS-92 e STS-81
Tempo no espazo44,34 días
PremiosMedalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Peter Jeffrey Kelsay Wisoff, nado en Norfolk, Virxinia, o 16 de agosto de 1958, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-57, STS-68, STS-92 e STS-97.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wisoff graduouse en física pola Universidade de Virxinia en 1980 e é máster e doutor en física aplicada pola Universidade Stanford en 1982 e 1986 respectivamente. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, completando o seu adestramento en xullo de 1991 e participando nas misións STS-57, STS-68, STS-92 e STS-97. Pasou 44,34 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Wisoff, Peter Jeffrey Kelsay 'Jeff'" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (novembro de 2001). "PETER J.K. "JEFF" WISOFF (PH.D) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]