Brian Duffy
Brian Duffy | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de xuño de 1953 |
Lugar | Boston |
Actividade | |
Misións | STS-45, STS-57, STS-72 e STS-92 |
Tempo no espazo | 40,73 días |
Premios | Distinguished Flying Cross, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Brian Duffy, nado en Boston (Massachusetts) o 20 de xuño de 1953, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-45, STS-57, STS-72 e STS-92. Pasou un total de 40,73 días no espazo.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Duffy é graduado en Matemáticas pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1975. É máster en ciencias da xestión de sistemas pola Universidade de Carolina do Sur en 1981.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1985, converténdose en astronauta oficialmente en xullo de 1986 tras unha etapa de adestramento. Formou parte das misións STS-45, STS-57, STS-72 e STS-92, pasando un total de 25,54 días no espazo[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Duffy, Brian" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (agosto de 2002). "BRIAN DUFFY (COLONEL, USAF, RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brian Duffy ![]() |