Saltar ao contido

STS-115

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-115
Lanzamento da misión STS-115
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de setembro de 2006, 15:15GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión11,80 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso21 de setembro de 2006[6]
NSSDC ID2006-036A

STS-115 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 9 de setembro de 2006 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-115, con seis astronautas a bordo, foi a primeira misión dun transbordador que retomou a construción da Estación Espacial Internacional despois da perda do Columbia na misión STS-107 en 2003 e da misión de probas STS-114 en 2005. A tripulación estaba formada polo comandante Brent W. Jett, o piloto Christopher J. Ferguson e os especialistas de misión Heidemarie M. Stefanyshyn-Piper, Joseph R. Tanner, Daniel C. Burbank e Steven G. MacLean.[3][5][6][7]

Durante a engalaxe producíronse impactos de espuma desprendida do tanque principal contra o escudo térmico e as ás do transbordador, pero os novos procedementos de revisión do vehículo mediante cámaras unha vez en órbita non mostraron danos. O Atlantis levou á estación a viga P3/P4 de 17 toneladas con dous paneis solares para proporcionar enerxía que foi instalada durante tres paseos espaciais e o módulo loxístico Leonardo con subministracións a bordo. A nave acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 14:52 GMT do 6 de xullo e trasladou o módulo Leonardo ao día seguinte para a súa descarga pola tripulación. Durante a misión tamén se probaron técnicas de reparación de losetas térmicas. O 14 de xullo Leonardo foi devolto á bodega de carga do transbordador e o día 17 o Atlantis desacoplouse para iniciar a viaxe de retorno.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra sen incidentes en Cabo Cañaveral o 21 de setembro de 2006.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 115" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 12 January 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-030707(E)). 27 de xuño de 2007: 4. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 115" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-115 / ISS 12A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-115" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (2 de abril de 2008). "STS-115" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2022. Consultado o 31 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]