Brent Jett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Brent W. Jett»)
Brent Jett
Datos persoais
Nacemento5 de outubro de 1958
LugarPontiac
Actividade
MisiónsSTS-115, STS-72, STS-97 e STS-81
Tempo no espazo41,75 días
PremiosDistinguished Flying Cross e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

Brent Ward Jett Jr., nado en Pontiac, Míchigan, o 5 de outubro de 1958, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-115, STS-72, STS-97 e STS-81.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jett graduouse en enxeñería aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1981 e é máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1989.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992. Participou nas misións STS-115, STS-72, STS-97 e STS-81. De novembro de 2007 a febreiro de 2011 foi director de operacións de voos tripulados no Centro Espacial Johnson e de marzo de 2010 a xaneiro de 2013 foi xerente adxunto do programa de voos comerciais tripulados da NASA. Deixou a NASA en xaneiro de 2013.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Jett, Brent Ward Jr" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 2011). "Brent W. Jett" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]