Río Lech
O río Lech é un afluente pola dereita do río Danubio en Austria e Alemaña.
Cunha lonxitud de 285 km, a súa cunca abarca os 3 919 km 2.[1]
Orixínase no estado austríaco de Vorarlberg, atravesa o Tirol e desemboca no Danubio en Baviera (atravesando as rexións de Suabia e Alta Baviera).
É o afluente alemán máis importante do Danubio, despois do río Eno.
No Lech hai 30 centrais hidroeléctricas e 24 encoros.
As maiores cidades nas beiras do río Lech son Landsberg am Lech e Augsburgo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Inscricións dos séculos VII e VIII a.C. demostran que o nome do río se menciona por primeira vez no nome da tribo celta Licates. O propio río chámase Likios ou Likias no século II. Ao redor do ano 570 o nome Licca aparece rexistrado. No século VIII apareceron nomes como Lecha e Lech. O termo Licus aínda se usaba en 1059.
A palabra Lech provén do termo latino Licus, e este do celta Lik. Estas dúas palabras significan "que é rico en pedras", o que se pode ver aínda hoxe.[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]En máis dunha ocasión prodicíronse acontecementos históricos nas beiras deste río.
- En 278 o emperador romano Probo venceu a unha gran tropa de invasores de burgundios e vándalos, que asaltaran a provincia romana de Recia.
- En Lechfeld, unha chaira pedregosa entre os ríos Lech e Wertach preto de Augsburgo, o emperador do Sacro Imperio Odón I derrotou aos maxiares en agosto de 955.
- Na batalla do río Lech, en abril de 1632, Gustavo II Adolfo de Suecia derrotou e feriu de morte a Johann Tserclaes, conde de Tilly, mestre de campo que comandou as forzas hispano-imperais durante a guerra dos Trinta Anos.
Galería
[editar | editar a fonte]-
O Lech, preto da cidade deLandsberg am Lech
-
O Lech entre Weißenbach am Lech e Forchach
-
O río Lech por Andrei Gavrilița
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ table of the Bavarian Waterbody Register by the Bavarian State Office for the Environment Arquivado 13 de febreiro de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ lech (n.1) no Online Etymology Dictionary.
- ↑ Wolf-Armin Freiherr von Reitzenstein (2006): Lexikon bayerischer Ortsnamen. Oberbayern, Niederbayern, Oberpfalz. Munich: C. H. Beck. ISBN 978-3-4065-5206-9.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Lech |