O Tirol é o nome dunha rexión montañosa que cobre as áreas de Austria e Italia. Hoxe en día coñécese como Tirol a un Estado de Austria occidental. A súa capital é Innsbruck; unha faixa de 10–20km de Salzburgo separa a unha parte do Tirol, situada no sueste, como resultado da perda da parte sur da rexión (Trentino-Tirol Meridional).
Os 12.648km² fan do Tirol o terceiro Estado en área; con 771.304 habitantes (2023), é o quinto estado en poboación do país. O estado fai fronteira coa Bavieraalemá ao norte e o Trentino-Tirol Meridional (provincia de Bolzano) en Italia ao sur; no oeste está o Vorarlberg. O Tirol Oriental fai fronteira con Italia e Carintia.
O Trentino Tirol Meridional sempre pertenceu a Austria, pero na primeira guerra mundial Italia tomouno como parte do seu territorio. Neste territorio aínda hoxe a maioría da poboación é austríaca e fala alemán, as escolas ensinan o alemán, e a cultura predominante é a xermánica.