Saltar ao contido

Río Ferreira, río Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Ferreira, río Miño
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial750 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra do Careón Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Miño Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°49′30″N 7°35′57″O / 42.825, -7.5992
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións38 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica383 km² Editar o valor en Wikidata

O río Ferreira é un afluente do Miño pola súa marxe dereita. Recibe seu nome do lugar de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín, onde desde época medieval se asentou un mosteiro.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace na Serra do Careón, a uns 750 m de altura, no concello de Palas de Rei, e despois de atravesar este, penetra no de Guntín, para finalmente, despois de cerca de 38 km de curso, unirse ao Miño, no límite entre entre os concellos de Guntín e Portomarín (aos que serve de linde natural durante bos tramos).

Como a meirande parte dos ríos galegos acolle nas súas augas a troita. Todo o seu curso é zona libre de pesca ata que en 2008 vedaron varios quilómetros no concello de Guntín.

A superficie da súa conca é de 383 km².

Réxime hídrico

[editar | editar a fonte]

O Ferreira é un río de réxime pluvial.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

A maior parte dos seus tributarios son ríos e regos de curto percorrido, destacando:

Homonimia

[editar | editar a fonte]

Hai outros ríos e regos galegos, denominados tamén de Ferreira, aínda que teñen entidade menor.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.