Ruy Barbosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRuy Barbosa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Ruy Barbosa de Oliveira Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1849 Editar o valor em Wikidata
Salvador, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 1923 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Petrópolis, Brasil Editar o valor em Wikidata
Senador do Brasil
15 de novembro de 1890 –
Circunscrición electoral: Bahia (pt) Traducir
Deputado federal do Brasil
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculdade de Direito da Universidade Federal de Pernambuco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Brasilia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónconselleiro legal , tradutor , xuíz , ministro , diplomático , avogado , xurista , político , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Barbosa_de_Oliveira-2

Ruy Barbosa de Oliveira[1][2][3] GCSE nado en Salvador, Baía, o 5 de novembro de 1849 e finado en Petrópolis o 1 de marzo de 1923, foi un polímata brasileiro, destacando principalmente como xurista, avogado, político, diplomático, escritor, filólogo, xornalista, tradutor e orador. Un dos intelectuais máis coñecidos da súa época, foi designado por Deodoro da Fonseca como representante do nacente goberno republicano, converténdose nun dos seus principais organizadores, ademais de coautor da constitución da I República xunto con Prudente de Moraes. Ruy Barbosa defendeu o federalismo, o abolicionismo e a promoción dos dereitos e garantías individuais.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeira Bandeira Republicana, creada por Ruy Barbosa, utilizada entre o 15 e o 19 de novembro de 1889 [5]

Barbosa pronunciou o seu primeiro discurso público pola abolición da escravitude cando tiña 19 anos. Durante o resto da súa vida continuou unha defensa férrea das liberdades civís. A escravitude no Brasil foi finalmente abolida pola Lei Áurea en 1888.

Primeiro Ministro de Fazenda do réxime establecido en novembro de 1889, coñecido como República da Espada, a súa breve e discutida administración estivo marcada polo encilhamento, a grave crise económica provocada polo aumento indiscriminado da emisión de papel moeda. Parte do seu legado á historia é a súa autorización, como ministro de Finanzas en 1890, da destrución da maior parte de arquivos relacionados coa escravitude; como ministro de Deodoro, fixo destruír os rexistros documentais da propiedade de escravos, evitando así que os antigos donos fosen indemnizados.

Tamén foi deputado e senador, e creador da primeira bandeira do Brasil republicano, inspirada na bandeira dos Estados Unidos e que foi adoptada polo goberno provisional durante catro días, sendo substituída pola actual flâmula brasileira.[6]

As ideas liberais de Barbosa influíron no borrador da primeira constitución republicana (1891). Partidario do "diñeiro fiduciario", como oposición ao patrón de ouro no Brasil, durante o seu mandato como ministro de Finanzas, implementou reformas de grande alcance no réxime financeiro do país, instituíndo unha política monetaria expansionista. Porén, o caos e a inestabilidade producidos polo experimento fiat promoverían un contragolpe ortodoxo liderado por Murtinho.

Constitución brasileira de 1891 asinada por Ruy Barbosa (décimo segunda sinatura). Colección Arquivo Nacional

Notable orador e estudoso da lingua portuguesa, foi membro fundador da Academia Brasileira de Letras (1897), ocupando a cátedra no 10, e o sendo o seu presidente entre 1908 e 1919.[2] Como delegado brasileiro na II Conferencia de Paz, na Haia (Holanda, 1907), fíxose famoso por defender o principio de igualdade dos Estados. Pola súa actuación nesta conferencia, recibiu o epíteto "A Aguia da Haia" do Barón de Río Branco.[7]

Xogou un papel decisivo na entrada do Brasil na Primeira guerra mundial. Ao final da súa vida, foi nomeado xuíz da Corte Mundial, un cargo de enorme prestixio, que rexeitou. Presentouse sen éxito para a presidencia do Brasil en 1894, 1910 e de novo en 1919. Foi candidato na chamada "campaña civilista", contra o militar Hermes da Fonseca. Malia ser considerado unha icona do republicanismo brasileiro, Ruy Barbosa quedou desencantado co sistema político que axudou a implantar, facendo varios comentarios antirrepublicanos nos seus últimos anos de vida. Pouco coñecidas, as súas críticas volveron ser postas en primeiro plano polos movementos monárquicos brasileiros a comezos do século XXI (aínda que Ruy Barbosa non chegou a ser monárquico en vida). [8]

A liberdade não é um luxo dos tempos de bonança; é o maior elemento da estabilidade.

Ruy Barbosa (Wikiquote)

Descendentes[editar | editar a fonte]

Ruy Barbosa, a súa muller e unha das súas fillas, en 1907

Ruy Barbosa de Oliveira casou con María Augusta Viana Bandeira o 23 de novembro de 1876 en Salvador. Tiveron cinco fillos: [9]

  • Maria Adélia (1878)
  • Alfredo Rui (1879)
  • Francisca (1880)
  • João (1890)
  • Maria Luísa Vitória (1894)

Os descendentes de Ruy Barbosa toman o apelido "Ruy Barbosa". Nas súas primeiras xeracións, esta foi unha familia de diplomáticos, o que axudou a reforzar o mito de que a carreira diplomática se transmite de pai a fillo.[10]

Citas de Ruy Barbosa, e sobre el[editar | editar a fonte]

Ruy Barbosa na súa biblioteca, sen data
  • Entre as máximas políticas máis coñecidas de Barbosa, pódese lembrar "A peor das democracias é mil vezes preferível à melhor das ditaduras".[11]
  • "A abolição da escravidão, quer o governo queira, quer não queira, há de ser efetuada num futuro próximo" Ruy Barbosa en manifesto no xornal Radical Paulistano
  • "Libertador de cativos, defensor de oprimidos, educador do povo, reformador da pátria, apóstolo de todas as causas liberais. O maior entre os seus, no seu tempo".[12]
  • Dúas semanas antes da abolición, o 30 de abril de 1888, Barbosa auguraba: "A gran transformación achégase ao seu termo".
  • O 7 de marzo de 1889, Joaquim Nabuco afirma: “Evaristo, na prensa, fixo a Rexencia e Ruy fará a República”. [13] [14]
  • O 9 de xuño de 1889 declinou a invitación para incorporarse ao Gabinete de Ouro Preto. "Non podo ser membro dun ministerio que non toma a Federación como primeira reforma".[15]
  • En novembro dese mesmo ano, Benjamin Constant escribiu a Ruy o seguinte: "O teu artigo de hoxe, 'Plano contra a Pátria', fixo a República e convenceume da necesidade inmediata da revolución".[16]
  • En 1890, D. Pedro II di: “Na escuridade que caía sobre o Brasil, a única luz que brilla, no fondo da nave, é o talento de Ruy Barbosa”.[Cómpre referencia]
  • Tamén en 1890, foron postos en marcha os decretos de reforma bancaria, nos que foi criticado por Ramiro Barcelos, quen, anos máis tarde, se arrepentiu: "A vergoña da República foi que nós, os históricos, non entendiamos de inmediato a grandeza de Ruy".
  • Nunha viaxe a París, atopouse con D. Pedro II e díxolle: "Va Maxestade, perdóeme, eu non sabía que a República era así".[17]
  • En 1892, abandonou a bancada do Senado, logo de xustificalo nun discurso. Días despois, lanza un manifesto á nación no que di a famosa frase: "Coa lei, pola lei e dentro da lei; porque fóra da lei non hai salvación. Atrévome a dicir que este é o programa da República".[18]
  • Desde Londres Ruy Barbosa, escribiu "E nacín xornalista, xornalista é o que son, como xornalista non me despedirán mentres haxa prensa, a prensa é libre...".[19]
  • Joaquim Nabuco, no libro Minha Formação: "Ruy Barbosa é hoxe a máquina cerebral máis poderosa do noso país".[20]

Academia Brasileira das Letras[editar | editar a fonte]

Ruy Barbosa foi membro fundador da Academia Brasileira de Letras e escolleu a Evaristo da Veiga como patrón da Cátedra 10. Foi presidente da ABL de 1908 a 1919.

  • Deputado Provincial - 1878
  • Deputado Geral - 1878 a 1881
  • Deputado Geral - 1882 a 1884
  • Ministro da Fazenda - 1889 a 1891
  • Senador - 1890 a 1892
  • Senador - 1892 a 1897
  • Senador - 1897 a 1906
  • Senador - 1906 a 1915
  • Senador - 1915 a 1921

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Visita à Terra Natal
  • 'Figuras Brasileiras
  • Contra o Militarismo
  • Correspondência de Ruy
  • Mocidade e Exílio
  • Castro Alves: Elogio do Poeta pelos Escravos, 1881
  • O Papa e o Concílio, 1877
  • O Anno Político de 1887
  • Relatório do Ministro da Fazenda, 1891
  • Finanças e Políticas da República: Discursos e Escritos,1893
  • Os Atos Inconstitucionais do Congresso e do Executivo ante a Justiça Federal, 1893
  • Cartas de Inglaterra, 1896
  • Anistia Inversa: Caso de Teratologia Jurídica, 1896
  • Posse dos Direitos Pessoais, 1900
  • O Código Civil Brasileiro, 1904
  • Discurso, 1904
  • O Acre Septentrional, 1906
  • Actes et discours. La Haye: W.P. van Stockum et Fils, 1907
  • O Brasil e as Nações Latino Americanas na Haia, 1908
  • O Direito do Amazonas ao Acre Septentrional, 1910
  • Excursão Eleitoral aos Estados da Bahia e Minas Gerais: Manifestos à Nação, 1910
  • Plataforma, 1910
  • Ruy Barbosa na Bahia, 1910
  • O Dever do Advogado, 1911[21]
  • O Sr. Ruy Barbosa, no Senado, responde às insinuações do Sr. Pinheiro Machado, 1915
  • Problemas de Direito Internacional. Londres: Jas.Trucott&Son, 1916
  • Conferência. Londres: Eyre and Spottiswoode Ltda, 1917
  • Oswaldo Cruz, 1917
  • Oração aos Moços, 1920[22]
  • O Processo do Capitão Dreyfus, 1895

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Ruy Barbosa nunha moeda de cruzeiro de 20 centavos de 1953
Homenaxe filatélica (1964)

Pouco despois da súa morte, o xurista bahiano João Mangabeira, o seu discípulo, pronunciou un discurso na súa honra e memoria. O 5 de novembro de 1924, Otávio Mangabeira, lembrando a data do seu nacemento, pronunciou o seguinte discurso:

Na data de hoje, sr. Presidente, na capital da Bahia,(…) nasceu Ruy Barbosa. (…)Recordando a figura do grande evangelista que com a pena e com a tribuna, irradiando e bramindo, nas vanguardas, a peito aberto, no alto jornalismo de combate, nos comícios populares, nas casas do Parlamento, nos pretórios; nas assembleias internacionais, em toda a parte primus inter pares a eloquência, de mãos dadas com a bravura, robustecida pela abnegação e animada pela fé, não precisou de outras armas, para servir, por mais de meio século construindo, deslumbrando, (…) dominando as opiniões que dirigia, às Letras, ao Direito, à Liberdade.

Enriqueceu a língua portuguesa, pela palavra falada e pela escrita, com as mais belas obras de arte. Em Haia e em Buenos Aires, para um auditório que era a humanidade, falou, por idiomas estrangeiros, em alocuções imortais que comoveram o Universo, a linguagem das mais lídimas aspirações humanas. Nunca fraqueou ante a injustiça, ante a ingratidão, ante os revezes. Nunca se acobardou ante o perigo. (aplausos)

(…) Construtor, por excelência, da República, foi principalmente na República, franzino e débil no corpo, quão rijo, e forte, e valoroso no espírito, a ponta de platina, impávido a receber e a desviar(…) a eletricidade das tormentas.

(…) Feliz do povo que estremecer a justiça! Feliz do povo que viver no trabalho! Sobretudo, sr. Presidente, feliz do povo que não perder o ideal.

(…) Volvamos o nosso espírito para a tranquilidade onde repousa o magno sacerdote da nossa democracia, o grande semeador a quem devemos os frutos mais excelentes do nosso liberalismo constitucional. Para que seu fulgor nos ilumine! Para que o seu exemplo nos ampare! (…) Para que desçam, portanto, sobre o coração e a consciência dos que se digladiam no Brasil, ao sol das lutas políticas, a misericórdia, a clemência, as inspirações do Senhor!

Para que estremeçamos a Justiça, para que vivamos no Trabalho, para que não percamos o Ideal!

Ruy fixo o seu testamento político en forma de epitafio, que el mesmo escribiu para a súa pedra funeraria:

Estremeceu a Justiça; viveu no Trabalho; e não perdeu o Ideal.

No barrio de Flamengo, en Río de Xaneiro, unha rúa que leva o seu nome, Avenida Ruy Barbosa,[23] que une a Praça Nicaragua coa Praça Cuauhtémoque.

No barrio de Heliópolis, en Garanhuns, unha rúa tamén leva o seu nome, a Avenida Ruy Barbosa, que é o segundo centro de comercio e servizos da cidade. Hai moitas rúas, avenidas, prazas e institucións culturais que levan o seu nome en todo o Brasil.[24]

Estatuiña con Santos Dummont nun Serre-livre.

Outros recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na celebración do primeiro centenario do seu nacemento en 1949, Barbosa foi homenaxeado coa inauguración do Foro Ruy Barbosa. A partir de entón, o edificio comezou a albergar os seus restos mortais, que foron trasladados desde Río de Xaneiro a Baía e onde permanecen ata hoxe, tal e como desexaba o xuíz Pedro Ribeiro. Nese momento, o escultor Mário Cravo Junior foi invitado a crear unha escultura, bautizada polo artista como Cabeça de Ruy Barbosa. Na solemne Sesión Conxunta do Congreso Nacional, interviñeron o deputado João Mangabeira e o senador Clodomir Cardoso.

Tamén en conmemoración do centenario do seu nacemento, o entón presidente da República Eurico Gaspar Dutra sancionou en 1949 a Lei nº 691, pola que se declaraba o 5 de novembro Dia de Festa Nacional. A lei instituíu unha medalla conmemorativa, outorgada a "autoridades, instituições e individualidades que concorram, por meritória cooperação e serviços relevantes, para o maior êxito e brilho das celebrações nacionais daquele Centenário".

En 1999, o Banco do Brasil celebrou o 150 aniversario do nacemento de Ruy Barbosa confeccionando camisetas, marcapáxinas e calendarios.

En 2007, un xurado invitado pola revista Época elixiu a Ruy Barbosa "O brasileiro máis grande da historia".[25]

En 2013, o xornal bahiano A Tarde realizou unha enquisa cun xurado de 214 personalidades de diferentes ámbitos para elixir "O maior bahiano de todos os tempos". En total, sinalaron 122 personalidades como potenciais aspirantes ao título, e resultou elixido Barbosa.[26]

En 2018 o seu nome foi inscrito no Libro de Aço dos heroes nacionais depositado no Panteón Tancredo Neves da Patria e da Liberdade.[27]

Sesións solemnes no Congreso Nacional[editar | editar a fonte]

O 10 de novembro de 1999, o Congreso Nacional celebrou unha sesión solemne conxunta en conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Ruy Barbosa.[28] O 25 de novembro de 2019, o Senado brasileiro rendeu homenaxe ao escritor e político nunha sesión solemne para conmemorar o 170 aniversario do seu nacemento.[29]

Representacións na cultura[editar | editar a fonte]

Efigie de Ruy Barbosa nun billete de 10.000,00 Cr$ (dez mil cruzeiros)

Ruy Barbosa ten sido retratado como un personaxe do cine e na televisión, interpretado por Edmundo Lopes na película Vendaval Maravilhoso (1949), Renato Borghi na miniserie Mad Maria (2005) e Camilo Beviláqua na película Brasília 18% (2006). Tamén foi homenaxeado no Entroido de Río en 1999, pola escola de samba São Clemente.[30]

A súa efixie tamén foi impresa nos billetes de 10.000,00 Cr$ (dez mil cruzeiros) emitidos entre 1984 e 1986, así como nos billetes de Cz$10.00 (dez cruzados) emitidos en 1986.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ruy Barbosa". Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Catálogo das Obras de Ruy Barbosa" (PDF). 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2017. 
  3. "Ruy Barbosa ou Rui Barbosa? Euclides ou Euclydes? Queiroz ou Queirós?". Arquivado dende o orixinal o 2016-02-05. Consultado o 2016-02-04. 
  4. "Conferencia Abolicionista realisada a 7 de junho de 1885 no Theatro Polytheama da Corte". Consultado o 7/1/2021. 
  5. "O Brasil e sua Bandeira". 5/10/2015. Consultado o 30/9/2017. 
  6. Edison Veiga. "Dia da Bandeira: como as cores do símbolo brasileiro foram reinterpretadas para apagar ligação com a monarquia". Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  7. "Fundação Casa de Rui Barbosa". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  8. "“De tanto ver triunfar as nulidades...”, texto de Ruy Barbosa que merece ser lido na íntegra". 2011. Arquivado dende o orixinal o 30/01/2019. Consultado o 03/10/2015. 
  9. "Ruy Barbosa". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2021. Consultado o 05 de xaneiro de 2023. 
  10. SAID, Fabio M. O clã Almeida de Caravelas e Alcobaça. São Paulo: edição do autor, 2010. pp. 175-187. ISBN 978-85-910098-1-7.
  11. Señor González, Luis. Diccionario de citas (en castelán). PlanetadeLibros. 
  12. A Vida de Ruy Barbosa (Para as Crianças do Brasil) - Pereira Reis Junior - 1949
  13. Daniel Rodrigues Aurélio (2010). A Extraordinária História do Brasil - Vol. 3. ISBN 9788579301308. 
  14. Matías M. Molina (2015). História dos jornais no Brasil. ISBN 9788535925364. 
  15. "Rui Barbosa Online". 
  16. Eralldo, Douglas (26/10/2010). "7 ESCRITORES QUE SE AVENTURARAM NA POLÍTICA, OU POLÍTICOS QUE SE AVENTURARAM NA LITERATURA". Consultado o 30/9/2017. 
  17. "Instituto Brasil Imperial". 3 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  18. "Rui Barbosa: 164 anos da Águia de Haia". 5/9/2013. 
  19. "Rui e o jornalismo". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2021. Consultado o 05 de xaneiro de 2023. 
  20. NABUCO, Joaquim (1998). Minha Formação. Brasília. 
  21. BARBOSA, Rui. O dever do advogado. Carta a Evaristo de Morais; prefácio de Evaristo de Morais Filho. 3ª ed. rev. Rio de Janeiro : Edições Casa de Rui Barbosa, 2002.
  22. [1]
  23. "A rua que explica o valor da Proclamação da República". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2020. Consultado o 05 de xaneiro de 2023. 
  24. "Nomes de ruas dizem mais sobre o Brasil do que você pensa". Nexo Jornal. 
  25. Ruy, José. "De tanto ver triunfar as nulidades...". 
  26. "“Ruy Barbosa, O Maior Baiano de Todos os Tempos". 15 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  27. "Livro de Herois e Heroínas da Pátria, mantido em Brasília, ganha 21 novos nomes". G1 DF, 12/12/2018
  28. "Ata da 16.ª Sessão Conjunta (solene), em 10 de novembro de 1999" (en portugués). 
  29. "Senado homenageia memória do político e escritor Ruy Barbosa" (en portugués). 
  30. "saoclemente". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2023. Consultado o 2017-10-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cardin, Carlos Henrique. "A raiz das coisas. Rui Barbosa: Brasil no mundo" Civilização Brasileira, 2007 ISBN 9788520008355

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]