Indemnización de prexuízos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde abril de 2017.) |
Comunmente denomínase indemnización de prexuízos ou indemnización por danos e prexuízos a aquela acción que se lle outorga ao acredor ou á vítima para esixir de parte do seu debedor ou ben do causante dun dano unha cantidade de diñeiro equivalente á utilidade ou beneficio que a aquel lle reportase o cumprimento efectivo, íntegro e oportuno da obrigación instaurada entre as partes ou a reparación do mal causado á vítima. No entanto a súa difusión, o termo correcto para facer referencia a este remedio xurídico é resarcimento, tendo en conta que co termo indemnización tamén se adoitan mencionar aqueles desembolsos que realiza unha empresa de seguro en cumprimento do contrato subscrito co asegurado ou o pago que efectúa o estado cando, en exercicio do seu ius imperium, expropia a titularidade dun individuo con miras a satisfacer unha necesidade pública.
Tipicamente, hai tres maneiras nas que os danos poden ser indemnizados nun tribunal:
- Restitución
- Reparación do dano
- Resarcimento de danos
O prexuízo é a diminución patrimonial do acredor a consecuencia do incumprimento da obrigación, sexa que se trate dunha perda real ou efectiva, ou simplemente dunha vantaxe.
Tipos de resarcimento
[editar | editar a fonte]O resarcimento pode, en función á súa fonte, clasificarse en:
- Contractual: é o que debe pagar un debedor en caso de incumprir un deber contractual, co fin de resarcir ao acredor polo seu incumprimento.
- Extracontractual: é o que deriva da acción ou omisión dolosa ou culpable que provoca un dano a outras persoas. Dita acción pode orixinarse tamén con motivo da comisión dun delito.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Preguntas Comunes Sobre Lesiones Personales | The Ward Law Group". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2017.