Dobre vida
| Dobre vida | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||
Dobre vida (en inglés: A Double Life) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por George Cukor, cun guión de Ruth Gordon e Garson Kanin.[1] Conta a historia dun actor cuxa mente queda afectada polo personaxe que interpreta. Está protagonizado por Ronald Colman e Signe Hasso. Ronald Colman gañou o Óscar ó mellor actor pola súa interpretación no filme.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Anthony John é un grande actor de teatro, obsesivo coas personaxes que interpreta ata o punto de chegar a non conseguir distinguir a ficción da realidade. Está separado da tamén actriz Brita, que a pesar de amalo non soporta as súas mudanzas de personalidade e as súas súbitas desaparicións. Cando a parella inicia unha nova peza, Otelo de Shakespeare, Anthony axiña comeza a sentir celos da súa exmuller, mesturando os seus sentimentos cos do protagonista que interpreta.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ronald Colman como Anthony "Tony" John
- Signe Hasso como Brita
- Edmond O'Brien como Bill Friend
- Shelley Winters como Pat Kroll
- Ray Collins como Victor Donlan
- Philip Loeb como Max Lasker
- Millard Mitchell como Al Cooley
- Joe Sawyer como Pete Bonner
- Charles La Torre como Stellini
- Whit Bissell como Dr. Stauffer
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
- A Double Life na IMDb (en inglés)..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dobre vida na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)