Rui Tavares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rui Tavares
Rui Tavares 2022.png
Nome completoRui Miguel Marcelino Tavares Pereira
Nacemento29 de xullo de 1972
Lugar de nacementoLisboa
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade de Lisboa e Universidade Nova de Lisboa
Ocupaciónpolítico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Rui Miguel Marcelino Tavares Pereira, nado en Lisboa o 29 de xullo de 1972, é un escritor, historiador e político portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia e Historia da arte, é especialista en historia e cultura do século XVIII. Colaborador habitual do xornal Público, a revista Blitz e a canle de televisión SIC Notícias. Elixido en 2009 deputado no Parlamento Europeo como independente integrado na lista do Bloco de Esquerda, en 2011 abandonou a delegación do BE no Parlamento Europeo, con duras acusacións contra o líder da formación Francisco Louçã.[1] Foi o redactor do relatorio sobre a situación dos dereitos fundamentais en Hungría logo da aprobación nese país da Lei Fundamental de 2011, e que a Comisión considerara que vulneraba dereitos e liberdades, restrinxía os poderes lexislativo e xudicial en beneficio do poder executivo e menosprezaba o Tribunal Constitucional,[2] e que o Parlamento Europeo aprobóu no fundamental o 3 de xullo de 2013.[3] Tavares foi en 2014 un dos fundadores do partido político Livre.

Nas eleccións lexislativas portuguesas de xaneiro de 2022, Tavares encabezou a candidatura do Livre polo distrito de Lisboa: con algo máis do 2% dos votos obtivo un escano, o único desa forza política.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O Arquitecto (teatro)
  • O Fiasco do Milénio (crónicas)
  • O Pequeno Libro do Grande Terremoto (historia)
  • Pobre e Mal Agradecido
  • O Regicídio
  • A Ironia do Projecto Europeu

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]