Bloco de Esquerda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bloco de Esquerda (BE)
Partido político de Portugal
LeftBloc.svg
Historia
Fundación 24 de marzo de 1999
Coa unión de UDP, PSR e Política XXI
Posicións políticas
Ideoloxía Socialismo democrático
Marxismo
Eurocomunismo
Ecosocialismo
Anticapitalismo
Feminismo
Socialismo libertario
Representación
Asemblea da República
19 / 230
Parlamento Europeo
1 / 21
Rexións autónomas
3 / 104
Gobernos locais
8 / 2.086
Outros datos
Páxina web bloco.org
Sede do Bloco de Esquerda na Avenida Central de Braga

O Bloco de Esquerda, BE, naceu en 1999 da fusión de tres forzas políticas: a Unión Democrática Popular (marxista), o Partido Socialista Revolucionario (trotskista) e a Política XXI, ás cales se xuntaron varios outros movementos posteriormente.

Definíanse tras a fusión como o resultado de procesos de crítica en relación ao chamado «comunismo» ou «socialismo real», mantendo a referencia comunista a través de vertentes como o trotskismo ou o maoísmo. Membro do Secretariado Unificado da IV Internacional, o PSR herdaba a tradición trotskista, oposta ao stalinismo; a UDP, xeralmente asociada ao maoísmo, presentábase como desligada de calquera referencias no campo comunista internacional, posicionándose en ruptura con todas as experiencias de "socialismo real"; a Política XXI resultara, á súa vez, da unión de exmilitantes do Partido Comunista Portugués, polos herdeiros do MDP-CDE e por independentes. Na formación do Bloco xuntáronse aínda persoas sen filiación anterior, mais que xa mostraran identificarse cos movementos indicados, destacándose, no grupo inicial, Fernando Rosas (a súa antiga filiación no PCTP/MRPP acabara había moito).

A estratexia do Bloco foi, desde o inicio, presentarse como unha nova forza política que, non negando a súa orixe nos tres partidos citados, debería transmitir a imaxe dunha organización interna democrática, mais baseada na representación dos adherentes que polo equilibrio partidario. A adhesión de novos militantes, sen ligazón anterior a calquera dos partidos orixinarios, contribuíu para ese efecto.

O Bloco foi incluíndo aínda outros grupos e tendencias: desde pequenos grupos políticos, como a Ruptura-FER, até grupos que, non sendo organizacións políticas, son grupos de interese constituídos xa dentro do Bloco: mulleres, LGBT, sindicalistas, ambientalistas etc. O Bloco reivindica a independencia destes grupos en relación á política xeral do partido.

Entre tanto, os partidos constituíntes entraron nun proceso de autoextinción. A Política XXI xa se extinguiu, tornándose nunha asociación de reflexión política que se expresa nunha das revistas da área do BE, a Manifesto. O PSR tamén se extinguiu, transformándose igualmente nunha asociación que se expresa nunha revista, a Combate. Canto à UDP, foi a última das organizacións fundadoras en transformarse en asociación política, no inicio de 2005. Edita igualmente unha revista, A Comuna.

O Bloco elixiu o seu primeiro deputado europeo, Miguel Portas, en 2004. Nas eleccións lexislativas portuguesas de 20 de Febreiro de 2005 tivo 8 deputados electos. Nas autárquicas do mesmo ano, foi electa a candidata independente apoiada pelo BE á Cámara Municipal de Salvaterra de Magos. Na súa IV Convención Nacional, o Bloco de Esquerda oficializou a Francisco Louçã como portavoz da Comisión Política.

Xa en 2005, foron aprobados pela na última convención un conxunto de estatutos, que inclúen un código de conduta e prevén un cadro disciplinar, que anteriormente non existía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]