Ruairi O'Connor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRuairi O'Connor
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Howth, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College Dublín
The Lir Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -

IMDB: nm4754741 Allocine: 617381
Instagram: ruairijoconnor Editar o valor em Wikidata

Ruairi O'Connor, nado o 9 de xullo de 1991 en Howth, é un actor irlandés. É coñecido maiormente polo seu papel de Henry Tudor, o futuro Henrique VIII de Inglaterra, na serie televisiva de Starz, The Spanish Princess.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O'Connor creceu en Howth, Condado de Dublín, Irlanda. A súa familia mudouse ao campo cando el tiña 14 anos para vivir nunha granxa de criadeiro de cabalos.[3] O'Connor graduouse en teatro no Trinity College Dublin en 2015.[4]

O'Connor debutou co papel de Niall na película de Lenny Abrahamson, What Richard Did.[3]

No 2016, O'Connor tivo un papel convidado na serie de RTÉ2, Can't Cope, Won't Cope e un papel recorrente na serie My Mother and Other Strangers da BBC Northern Ireland. Obtivo o seu papel televisivo máis importante como Michael Vincent na serie Delicious de Sky One, de 2016 a 2018.[3] Ese mesmo ano, protagonizou como o matón escolar e antagonista principal a Weasel na película Handsome Devil.[5]

O'Connor protagonizou en 2018 xunto con Elle Fanning a película Teen Spirit.[6] En maio de 2018, foi anunciado que O'Connor interpretaría ao príncipe Harry Tudor (máis tarde Henrique VIII) na serie de STARZ de 2019, The Spanish Princess. Unha segunda quenda de oito episodios foi ordenada por Starz e as gravacións comezaron en setembro de 2019.

O'Connor interpretará o papel de Arne Cheyenne Johnson na película de 2021 The Conjuring: The Devil Made Me Do It. A película describe o caso real de Johnson.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O'Connor vive entre Londres e Dublín, aínda que actualmente reside nos Ánxeles, California coa súa noiva, Charlotte Hope.[8]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2012 What Richard Did Niall
2016 Handsome Devil Weasel
2018 Teen Spirit Keyan Spears
2020 The Postcard Killings Mac
2021 The Conjuring: The Devil Made Me Do It Arne Cheyenne Johnson Posproducción

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2016 Can't Cope, Won't Cope Simon Episodio: "I Wanna Be Like "
2016 My Mother and Other Strangers Andrew Black 3 episodios
2016–2018 Delicious Michael Vincent Papel principal
2019–2020 The Spanish Princess Príncipe Harry Tudor / Henrique VIII de Inglaterra Miniserie; papel principal
2021 The Morning Show Ty Fitzgerald Recorrente

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kaseko, Baraka (30 de abril de 2019). "The Spanish Princess' Charlotte Hope and Ruairi O'Connor on all the drama of the British court". Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  2. Lenker, Maureen Lee (4 de maio de 2019). "The Spanish Princess offers audiences a Henry VIII unlike any they've seen before". Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Molony, Julia (16 de decembro de 2019). "Ruairi sinks his teeth into Delicious role". Consultado o 5 de outubro de 2019. 
  4. "Acting Profiles / Alumni 2015: Ruairi O'Connor". Consultado o 5 de outubro de 2019. 
  5. Rooney, David (17 de setembro de 2016). "'Handsome Devil': Film Review - TIFF 2016". Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  6. Schaefer, Stephen (19 de abril de 2019). "Modern fairy tale shines in ‘Teen Spirit’". Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  7. Squires, Josh (19 Nov 2019). "Patrick Wilson talks Conjuring 3 "It’s definitely a different beast"". Consultado o 20 Nov 2019. 
  8. "Playing Buddy Holly on Screen with Ruairi O Connor - Dave Fanning" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2020. Consultado o 2020-12-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]