Royston Drenthe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Royston Drenthe
Royston Drenthe Feyenoord.jpg
Drenthe co Feyenoord
Información persoal
Nome completo Royston Rickie Drenthe
Nacemento 8 de abril de 1987 (32 anos)
Lugar Rotterdam, Países Baixos
Altura 1,67 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Everton FC
Número 10
Carreira xuvenil
1992-2000 Neptunus
2000-2003 Feyenoord
2003-2005 SBV Excelsior
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005-2007 Feyenoord 29 (0)
2007–2011 Real Madrid 46 (2)
2010-2011 Hércules CF (cesión) 17 (4)
2011- Everton FC 14 (2)
Selección nacional
2006–2007 Holanda Sub-21 24 (7)
2010- Holanda 1 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 21 de xaneiro de 2012.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 17 de novembro de 2011.

Royston Ricky Drenthe, nado en Rotterdam o 8 de abril de 1987, é un futbolista neerlandés que actualmente xoga no Everton FC, en calidade de cedido polo Real Madrid. A súa posición é a de extremo esquerdo, aínda que pode xogar tamén de lateral pola mesma banda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de pasar varios anos nas categorías inferiores do Feyenoord, debutou co primeiro equipo nun partido contra o SBV Vitesse.

No verán de 2007, fichou polo Real Madrid a cambio de 13.5 millóns de euros.[1] Tras non contar para ningún adestrador dos que pasaron polo Real Madrid, foi cedido ao Hércules CF o 31 de agosto de 2010,[2] onde estivo a tempada 2010-11.

O 31 de agosto de 2011, día do remate do prazo de fichaxes, Drenthe deixa o Real Madrid coa carta de liberdade, e vaise ao Everton FC da Premier League.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RealMadrid.com (ed.). "Real Madrid y Feyenoord llegan a un acuerdo para el traspaso de Royston Drenthe" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03-01-2013. Consultado o 09-12-2009. 
  2. "Comunicado Oficial: Royston Drenthe, cedido al Hércules C. F." (en español). Sitio web Real Madrid. 31 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2010. Consultado o 31 de agosto de 2010.