A Royal Australian Navy (RAN) é o corpo naval da Forza de Defensa Australiana. Tras a Federación de Australia en 1901, os barcos e recursos das armadas coloniais independentes integráronse nunha forza nacional: a Commonwealth Naval Forces. Orixinalmente prevista para a defensa local, á armada concedéuselle o título de "Royal Australian Navy" en 1911, e converteuse na responsable da defensa da rexión.
A Royal Navy británica continuou apoiando á RAN e proporcionándolle capacidade de defensa adicional no Pacífico ata os primeiros anos da segunda guerra mundial. Entón, a rápida expansión nos tempos de guerra impulsou a adquisición de grandes buques de superficie e a construción de moitos barcos de guerra máis pequenos. Na seguinte década a RAN mercou un pequeno número de portaavións, o último deles pagado completamente en 1982.
Hoxe en día, a RAN está formada por 51 buques comisionados e uns 16 000 homes. É unha das máis grandes e sofisticadas armadas da rexión do Pacífico, cunha presenza significativa no océano Índico e en operacións por todo o mundo apoiando campañas militares e misións de paz. O actual Xefe da Mariña é o vicealmirante Ray Griggs.
En setembro de 2017 a frota da RAN consistía en 47 buques de guerra, incluíndo destrutores, fragatas, submarinos, patrulleiras e buques auxiliares.[1] Os buques da RAN levan o prefixo HMAS (Her Majesty's Australian Ship).[2]
A RAN ten dúas bases principais para a frota:[3][4]