Roy Thomas Baker
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de novembro de 1946 Hampstead |
| Morte | 12 de abril de 2025 Lake Havasu City |
| Actividade | |
| Ocupación | produtor musical, enxeñeiro de son, cantautor |
| Período de actividade | 1970 |
| Xénero artístico | Música rock, power pop e hard rock |
| Selo discográfico | Decca Records Parlophone Hollywood Records Elektra Records EMI |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Tere Livrano (–2025), morte da persoa |
| Sitio web | roythomasbaker.com |
Roy Thomas Baker, nado en Hampstead (Londres) o 10 de novembro de 1946 e finado en Lake Havasu City, Arizona, o 12 de abril de 2025,[1] foi un produtor musical, compositor e arranxador inglés. Foi directivo da Recording Academy e gañador de múltiples premios. Produciu diversos discos de rock e pop que chegaron a ser disco de ouro e disco de platino desde a década de 1970 ata 2025.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Baker comezou a súa carreira en Decca Records, en Inglaterra, aos 14 anos. Alentado polo produtor musical Gus Dudgeon, axiña cambiou a Trident Studios, onde traballou con grandes produtores musicais, como Gus Dudgeon, Tony Visconti, Mick Jagger e Keith Richards, e Frank Zappa, e con grupos como The Rolling Stones, David Bowie, The Who, Gasolin', Nazareth, Santana, Mothers Of Invention, Be Bop Deluxe, Free e T. Rex.
Logo de cofundar Neptune (compañía de gravación de Trident), Baker coñeceu un grup que sería coñecido como Queen. Comezou unha relación de traballo que acabou con cinco álbums e moitos premios, incluíndo un Grammy e o premio Récord Guiness ao mellor sinxelo: "Bohemian Rhapsody".
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Baker vivía nos Ánxeles e no seu estudio de gravación en Arizona. Estaba casado coa executiva do entretemento e exactriz Tere Baker.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roy Thomas Baker, Queen and the Cars Producer, Dies at 78, Ultimateclassicrock.com
- ↑ «Discogs.