Andrés Gil Municio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Gil Municio
Nacementoséculo XIX
 provincia de Segovia
Falecemento24 de outubro de 1957
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Andrés Gil Municio, nado na provincia de Segovia e falecido en Madrid o 24 de outubro de 1957,[1] foi un avogado e político español, que fixo gran parte da súa carreira política en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Dámaso Gil Municio e procedente de Alameda del Valle (Segovia). Foi elixido deputado provincial polo distrito de Riaza-Sepúlveda en 1917 e 1921. Logo do seu matrimonio con Asunción Paradela en 1920 trasladouse a Monforte de Lemos, onde estivo vinculado ao movemento agrarista católico. Durante a II República traballou como delegado da Mutualidade Agropecuaria en Ourense.[2] Presidiu o Partido Agrario Español de Monforte e foi proclamado candidato para as eleccións de novembro de 1933.[3] Tivo enfrontamentos co alcalde Rosendo Vila Fernández. Participou no mitin do Bloque Nacional en Monforte nas eleccións de febreiro de 1936.[4] Puxo a estrutura do PAE ao servizo da conspiración contra a República, e o 21 de xullo de 1936 armou e mobilizou a algúns caseiros e afiliados do Sindicato Agrario de Monforte para axudar a Garda Civil a quebrar a resistencia ao golpe de Estado.[5] Posteriormente instalouse en Madrid onde desenvolveu a súa carreira como avogado, e regresaba a Fiolleda nos veráns[Cómpre referencia].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid en xuño de 1920 con María de la Asunción Paradela Arias, filla de Alfredo Paradela Martínez e neta de Manuel Arias Rodríguez, que fora alcalde de Monforte de Lemos,[6] e tivo seis fillos: María Asunción, Andrés, Pedro, María Pilar, María Natividad e Francisco Javier Gil Paradela. Foi o avó de Fiorella Faltoyano.

Notas[editar | editar a fonte]