Manuel Maseda Cadórniga
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
| Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
| 1933 – 1934 ← Justo Mazaira Noguerol – Rosendo Vila Fernández → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Pai | Pastor Maseda Vázquez de Parga |
| Irmáns | Julio Maseda Cadórniga |
Manuel Maseda Cadórniga foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pastor Maseda Vázquez de Parga. Cursou estudos eclesiásticos que despois abandonou. En 1925 obtivo a concesión da liña de transporte Lugo-Monforte-Escairón, que co tempo sería a Empresa Monforte.[1] En febreiro de 1930 foi nomeado concelleiro de Monforte de Lemos pola cota de maiores contribuíntes.[2] Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 que trouxeron a Segunda República foi elixido concelleiro de Monforte de Lemos como agrario.[3] Foi elixido alcalde de Monforte de Lemos en febreiro de 1933. Foi destituído polo gobernador civil xunto con toda a xestora por irregularidades na xestión económica do concello en febreiro de 1935.
| Predecesor: Justo Mazaira Noguerol |
Alcalde de Monforte de Lemos 1933 - 1934 |
Sucesor: Rosendo Vila Fernández |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Filomena Losada Álvarez en 1912.[4]