Saltar ao contido

Rosa Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de marzo de 2013 ás 17:52 por Xas (conversa | contribucións) (+ cat)
Rosa Quintana.

Rosa María Quintana Carballo, nada en Brión en 1959, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria

É doutora en Bioloxía e desempeñou diversos cargos no Partido Popular galego presidido por Manuel Fraga. Foi delegada territorial da Consellería de Pesca en Vigo dende 1997 a 2001, directora xeral de Innovación da mesma Consellaría a partir de 2001 e até 2005. Foi de número dez da lista popular ao Parlamento de Galiza nas eleccións de 2009. Forma parte do novo goberno da Xunta de Galiza presidida por Alberte Núñez Feijóo en calidade de conselleira do mar. En xaneiro de 2012 foi nomeada conselleira de Medio Rural e do Mar. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.


Predecesor:
Carmen Gallego
 
conselleira do Mar
 
2009 - 2012
Sucesor:
extinguida
Predecesor:
Samuel Juárez
 
conselleira de Medio Rural e do Mar
 
2012 - actualidade
Sucesor:
no cargo