Rory Best
Rory Best | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de agosto de 1982 |
Craigavon | |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Newcastle University |
Ocupación | xogador de rugby |
Premios | oficial da Orde do Imperio Británico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rory Best, nado en Poyntzpass (Condado de Armagh, Irlanda do Norte) o 15 de agosto de 1982, é un xogador británico de rugby retirado que xoguei de talonador (hooker) no Ulster Rugby da Magners League.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Best estudou no Portadown College, e posteriormente Agriculture na Universidade de Newcastle, onde xogou na academia dos Newcastle Falcons. Volveu a Irlanda para xogar nos Belfast Harlequins no 2002, conseguindo o seu primeiro contrato polo Ulster no 2004.[1] Debutou co Ulster nun partido fronte a Munster na Magners League 2004-2005. En Novembro dese mesmo ano debutou coa selección de Irlanda fronte aos All-Blacks en Lansdowne Road, e no 2006 foi titular por primeira vez fronte aos Springboks. Na tempada 2007-08 substituíu ao seu irmán Simon como capitán do Ulster[2].
Formou parte do XV do Trevo no Torneo das Seis Nacións 2007, gañando a tripla coroa, ademais ese mesmo ano xogou co XV do Trevo a Copa do Mundo de Rugby[3]. No Torneo das Seis Nacións 2009 conseguiu o Grand Slam co XV irlandés.
O 19 de marzo do 2011 foi convocado para xogar o derradeiro encontro do Torneo das Seis Nacións 2011 fronte a [[selección de rugby de Inglaterra|Inglaterra, conseguindo unha vitoria por un 24 a 8 que lle permitiu ao XV irlandés rematar o torneo na terceira posición.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Equipos | Tempadas | Títulos |
Ulster Rugby | 2004 - | 1 Magners League (2009) |
XV do Trevo | 2005 - | 1 Torneo das Seis Nacións (2009) |