Ronald Colman
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de febreiro de 1891 Richmond, Reino Unido |
| Morte | 19 de maio de 1958 Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
| Causa da morte | enfisema pulmonar |
| Lugar de sepultura | Santa Barbara Cemetery (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actor de teatro, actor de televisión, guionista, actor de cinema, actor |
| Período de actividade | 1914 |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército Británico |
| Conflito | Primeira Guerra Mundial |
| Familia | |
| Cónxuxe | Benita Hume (1938–1958) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | ronaldcolman.com |
Ronald Charles Colman, nado en Londres o 9 de febreiro de 1891 e finado en Santa Barbara, California o 19 de maio de 1958 foi un actor inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras descubrir o mundo da interpretación na escola debutou no teatro profesional en 1914. Enrolouse no exército británico e participou na primeira guerra mundial, durante a que foi ferido gravemente no nocello. Recuperado, aínda que cunha certa coxeira, volveu ao teatro.
Debutou no cinema británico en 1917. Durante unha xira polos Estados Unidos o director Henry King descubriuno e contratouno para o seu filme The White Sister, con Lillian Gish, que lle deu unha gran popularidade.
Os seus maiores éxitos chegaron co cinema sonoro, axudado polo seu acento inglés. En 1948 gañou o Oscar ao mellor actor por Dobre vida. No momento da súa morte fora contratado pola Metro-Goldwyn-Mayer como protagonista de Village of the Damned. Finalmente o filme pasou a ser unha produción británica, protagonizada por George Sanders, que casara coa viúva de Colman.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1929 | Bulldog Drummond |
| 1930 | Condemned |
| 1935 | A Tale of Two Cities |
| 1937 | Lost Horizon |
| 1937 | The Prisoner of Zenda |
| 1942 | Random Harvest |
| 1942 | The Talk of the Town |
| 1947 | Dobre vida |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ronald Colman |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ronald Colman na IMDb (en inglés).
- Ronald Colman en Virtual History
- Ronald Colman