Saltar ao contido

Música do Romanticismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Romanticismo musical»)

A música do Romanticismo é aquela composta segundo os principios da estética do Romanticismo, predominante durante o século XIX. Na historia da música, corresponde ao período que se seguiu ao clasicismo.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A Sinfonía nº 3 (Eroica), de Beethoven, obra de 1804, é por veces considerada como o marco do fin do período clásico e do comezo da música romántica. Mais algúns musicólogos sitúan o inicio do romanticismo na música xa a finais do século XVIII, mentres outros consideran que o período romántico comezou arredor de 1810), ano en que o termo "romántico", antes só era aplicado ó movemento literario, foi usado para cualificar Beethoven por E.T.A. Hoffmann (1776-1822), nos seus ensaios sobre a Sinfonía nº 5 . Xa o final do Romanticismo na música é situado entre 1880 e 1910, segundo o autor.

A época do Romanticismo musical coincide co Romanticismo na literatura, filosofía e artes plásticas. A idea xeral do Romanticismo é que a verdade non podería ser deducida a partir de axiomas. Certas realidades só poderían ser captadas a través da emoción, do sentimento e da intuición. Por esa razón, a música romántica é caracterizada pola maior flexibilidade das formas musicais e procurando enfocar máis o sentimento transmitido pola música do que propiamente a estética, ó contrario do clasicismo. Porén, os xéneros musicais clásicos, tales como a sinfonía e o concerto, continuaron sendo escritos.

Estética musical

[editar | editar a fonte]

No Romanticismo, estabelecéronse varios conceptos de tonalidades para describir os vocabularios harmónicos herdados do Barroco e do clasicismo. Os compositores románticos tentaron xuntar as grandes estruturas harmónicas desenvolvidas por Haydn e perfeccionadas por Mozart e Beethoven con súas propias innovacións, buscando maior fluidez de movemento, maior contraste, e cubrir as necesidades harmónicas de obras máis extensas. O cromatismo utilizou unha forma máis frecuente e variada, así como as disonancias. A mudanza de ton acontecía de maneira máis brusca que no Clasicismo, e as modulacións ocorrían entre tons cada vez máis distantes. As propiedades dos acordes de sétima menor, que permiten modular a practicamente calquera tonalidade, foron explotadas exhaustivamente.

Posromanticismo

[editar | editar a fonte]

Estabelecer a herdanza do romanticismo é unha tarefa tan complexa como estabelecer as orixes do movemento. Algúns compositores do século XX, como Serguéi Rakhmáninov (1873-1943), continuarán a ser románticos, sen porén declaralo. De certo modo, movementos como o impresionismo de Claude Debussy (1862-1918) e Maurice Ravel (1875-1937), e o verismo de Giacomo Puccini (1858-1924) tamén son herdeiros da tradición romántica.