Saltar ao contido

Rogelio Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRogelio Rivas
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1944 Editar o valor en Wikidata
Vigo Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 2025 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de outubro de 1964Xogos Olímpicos de 1964 Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 178963 IAAF: 14552495 Editar o valor en Wikidata

Rogelio Rivas Abal, nado en Vigo o 7 de agosto de 1944 e finado o 26 de abril de 2025,[1] foi un atleta galego. Foi tres veces campión de España dos 400 metros lisos, bateu varios récords nacionais e competiu na proba dos 100 metros lisos nos Xogos Olímpicos de 1964.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
A cidade de Vigo ós seus atletas.[2]

Comezou a practicar atletismo na súa cidade natal, nas filas da sección atlética do Celta de Vigo. Adestrado por Alfonso Posada comezou a destacar rapidamente, e en 1961 correu os 100 metros en 10,9 segundos e os 400 en 22,3 segundos, o que supuxo senllos récords nacionais xuvenís.[3][4] Ese mesmo ano proclamouse campión de España xuvenil dos 100 e dos 200 m, títulos que repetiu ao ano seguinte.[5] Entrou en 1962 na Residencia Blume de Madrid, onde pasou a ser adestrador por José Luis Torres, e ese mesmo ano participou nos Xogos Iberoamericanos celebrados na capital española, obtendo o quinto posto nos 100 metros lisos, nunha carreira que gañou o venezolano Rafael Romero.[6] Participou tamén na proba de 4×100, xunto a José Luis Sánchez Paraíso, José Rodríguez Quinteiro e Melanio Asensio, quedando na cuarta posición e igualando o récord de España.[6][3] Rematou o ano batendo o récord de España dos 200 metros nas pistas de Montjuic.[7]

En abril de 1964 bateu en Madrid o récord de España dos 100 metros lisos, cun tempo de 10,4 segundos, unha décima máis rápido que o que fixera Melanio Asensio tres anos antes. Con esta marca conseguiu a clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokyo dese mesmo ano. No Estadio Olímpico da capital xaponesa, sobre a pista enchoupada pola choiva, realizou unha mala saída e cun tempo de 11,12 segundos quedou último dunha serie gañada polo cubano Enrique Figuerola, que na final se proclamaría subcampión olímpico por detrás de Bob Hayes.[8]

En 1965 gañou o seu primeiro título nacional absoluto, ao proclamarse campión de España dos 400 metros lisos, e gañou de novo en 1967 e 1970.[9] Nos Xogos Mediterráneos de 1967 en Tunes gañou dúas medallas de prata, nos 400 e nos 4×400.[10] Foi ademais seis veces campión de Galicia (3 veces en 200 m, 2 veces en 400 m e unha vez en 4×400 m).[11]

Aparellador de profesión, nos seus últimos anos como atleta deixou o Celta para competir pola Universidade de Oviedo, entidade para a cal estaba realizando obras.[4]

  1. ↑ "Muere Rogelio Rivas, pionero de la velocidad". Atlántico Diario (en castelán). 27 de abril de 2025.
  2. ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
  3. 1 2 Navaza, Emilio. "Rogelio Rivas". vidaatleticadegalicia.org (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021.
  4. 1 2 "Rogelio Rivas, prototipo dun velocista completo". Federación Galega de Atletismo. 6 de agosto de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2021.
  5. ↑ "Campións xuvenís de España" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021.[Ligazón morta]
  6. 1 2 "Resultados Campionatos Iberoamericanos" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021.
  7. ↑ "Progresión dos récords de España de velocidade" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2022. Consultado o 19 de setembro de 2021.
  8. ↑ "100 metros lisos nos Xogos Olímpicos de 1964". olympedia.org (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2021.
  9. ↑ "Campións de España de atletismo" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021.
  10. ↑ "Medallistas nos Xogos Mediterráneos". gbrathletics.com (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2021.
  11. ↑ "Campións de Galicia de Atletismo" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 19 de setembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]