Santos Fernández Fueyo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
| Morte | 19 de novembro de 1946 Ourense |
| 18 de outubro de 1934 – xaneiro de 1936 ← Antonio Álvarez Dopazo – Rogelio Núñez de Couto → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, vendedor |
Santos Fernández Fueyo, finado en Ourense o 19 de novembro de 1946,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viaxante de comercio de Ourense. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Militante do Partido Radical,[2] foi vicepresidente do partido en Ourense (1934). Trala folga xeral revolucionaria de 1934 foi nomeado alcalde de Ourense o 18 de outubro.[3] Permaneceu no cargo até xaneiro de 1936.
| Predecesor: Antonio Álvarez Dopazo |
Alcalde de Ourense 1934 - 1936 |
Sucesor: Rogelio Núñez de Couto |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ourense con Elena Rego Luaces en decembro de 1903,[4] e foi pai de Manuel, Elena, María de la Concepción, Enrique e María de la Luz Fernández Rego.