Saltar ao contido

Rodrigo Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo Vázquez
Biografía
Nacemento(es) Rodrigo Vázquez Rodríguez Editar o valor en Wikidata
20 de novembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela - Licenciatura en xornalismo (2005–2009) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión, locutor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorRTVE (2022–)
Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (2008–2022) Editar o valor en Wikidata
Participou en
2023Benidorm Fest 2023 Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: _rodrigovazquez Editar o valor en Wikidata

Rodrigo Vázquez Rodríguez, nado en Ourense o 20 de novembro de 1987,[1] é un xornalista e presentador galego. Dende 2025 presenta a edición da fin de semana do histórico concurso Saber y ganar, de La 2, e tamén CAPTCHA, na mesma canle, e Atrápame se podes, na Televisión de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira como xornalista en 2008.

Iniciou o seu camiño profesional nos informativos da Televisión de Galicia, traballando en numerosos eidos e, en especial, na sección de deportes. Ó tempo, colaboraba nos espazos O agro e Labranza, nos que se ofrecen reportaxes e novas sobre o mundo agrario de Galicia. Desenvolveu a actividade radiofónica nos micrófonos de Radio Galega durante dous anos.

En 2014, debutou como presentador no programa Aquí Galicia, un espazo que percorre as festas que se celebran na comunidade galega os fins de semana. O seu rostro fíxose rapidamente popular entre os espectadores pola súa gran naturalidade e tan só un ano despois, a cadea ofreceulle conducir Oh Happy Day,[2] a adaptación do programa musical homónimo de TV3.

Desde entón, tamén ligado á TVG, estivo á fronte de O país máis grande do mundo e Verbenalia.[3]

Entre 2016 e 2019 presentou de luns a venres o concurso de sobremesa Ti verás na canle autonómica galega.[4] Tamén se encargou de retransmitir as badaladas de fin de ano na TVG, dando a benvida ao 2018 dende a praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.[5] Dende xaneiro de 2020 ata abril de 2022 presentou xunto a Roberto Vilar o programa de sobremesa Quen anda aí?.[6]

A seguir, Televisión Española anunciou a súa contratación para substituír a Ion Aramendi á fronte do concurso El cazador, que se emitía de luns a venres en La 1[7] e no que reivindicou o seu acento galego.[8] A finais dese ano anunciouse que presentaría a edición de 2023 do Benidorm Fest, o festival da canción español que ademais é clasificatorio para Eurovisión.[9]

En 2025 Televisión Española cancelou El cazador e ese mesmo ano Rodrigo Vázquez foi elixido para substituír a Jordi Hurtado na edición da fin de semana do histórico concurso Saber y ganar, de La 2.[10] A finais do mesmo ano anunciouse o seu regreso á Televisión de Galicia, onde, de xeito paralelo a Saber y ganar, comezou a presentar tamén o concurso Atrápame se podes, substituíndo ao anterior presentador, Paco Lodeiro.[11] Dende marzo de 2026 presenta tamén o concurso CAPTCHA, de La 2.

Traballos

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaTítuloResultado
2015Mellor comunicador de televisiónOh Happy DayNomeado
2016Mellor comunicador de televisiónO país máis grande do mundoNomeado
2017Mellor comunicador de televisiónTi verásNomeado
2018Mellor comunicador de televisiónTi verásGañador
2019Mellor comunicador de televisiónTi verásNomeado
2020Mellor comunicador de televisiónQuen anda aí?Gañador
2021Mellor comunicador de televisiónQuen anda aí?Nomeado
  1. "Rodrigo Vázquez: “Para ser un bo comunicador hai que ser un mesmo”". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 04 de marzo de 2018.
  2. "Comeza a gravación de "Oh Happy Day", un novo concurso musical da TVG con grupos vocais e corais galegas".
  3. "Verbenalia tiene fecha de estreno en 2016". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 04 de marzo de 2018.
  4. "Ti verás".
  5. "A actriz Lucía Regueiro e o xornalista Rodrigo Vázquez acompañarán a Gayoso nas badaladas de fin de ano".
  6. "A TVG presenta este venres 'Quen anda aí?', o seu novo magazine diario, que se estrea o 27 de xaneiro". Televisión de Galicia. 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de abril de 2022.
  7. "El cazador Rodrigo Vázquez, nuevo presentador de 'El Cazador'". Televisión Española (en castelán). 29 de marzo de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022.
  8. "Rodrigo Vázquez: «O dos acentos na televisión debería ser un debate superado no século XXI»". La Voz de Galicia. 2022-05-26. Consultado o 2022-05-26.
  9. "El ourensano Rodrigo Vázquez presentará el Benidorm Fest". La Región (en castelán). 2022-11-19. Consultado o 2022-11-19.
  10. "Rodrigo Vázquez: "Ser deportivista axuda a levar os desgustos da vida doutra maneira"". DxT Campeón (en castelán). 15 de novembro de 2025. Consultado o 16 de novembro de 2025.
  11. "Rodrigo Vázquez regresa a TVG como presentador de «Atrápame se podes»". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de decembro de 2025. Consultado o 12 de xaneiro de 2026.
  12. "'Saber y Ganar' estrena novedades en septiembre".