Rodolfo Rodríguez
Rodolfo Rodríguez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez | ||
Nacemento | 20 de xaneiro de 1956 (68 anos) | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1971–1976 | Cerro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1976 | Cerro | ||
1976–1984 | Nacional | ||
1984–1988 | Santos | ||
1988–1989 | Sporting Lisboa | ||
1990–1992 | Portuguesa | ||
1992–1994 | Bahia | ||
Selección nacional | |||
1976–1986 | Uruguai | 79 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Rodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez, nado o 20 de xaneiro de 1956 en Montevideo, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba na posición de porteiro e foi internacional coa selección uruguaia, sendo o xogador que máis veces vestiu a camisola nacional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira en Cerro en 1971, sendo transferido a Nacional en 1976. No equipo do Parque Central Rodríguez xogou até 1984, obtendo o Campionato Uruguaio de Fútbol de 1977, 1980 e 1983, a Copa Liberadores 1980 e a Copa Intercontinental de 1980, consagrándose como un dos mellores porteiros da historia do equipo tricolor.
En 1984, Rodríguez foi vendido ao Santos do Brasil, club co que gañou o Campionato Paulista de 1984. Permaneceu no equipo de Pelé até 1987, converténdose nun dos grandes ídolos da afección. En 1986 foi convocado para xogar na súa selección o Mundial de México 1986, pero unha grave lesión na xira previa deixouno sen disputar o Mundial.
En 1987 Rodríguez pasa a xogar no fútbol europeo, máis precisamente no Sporting de Lisboa, club no que estivo até 1989. En 1990, Rodríguez retorna ao Brasil para xogar en Portuguesa, e en 1992 firma co Bahia, equipo co que gaña o Campionato Baiano en 1993 e no ano do seu retiro do fútbol, 1994.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Coa selección celeste, gañou a Copa de Ouro en 1980, e a Copa América de 1983. Formou parte do cadro uruguaio que disputou a Copa Mundial de Fútbol de 1986, pero non puido xogar ningún partido, por estar lesionado. Rodolfo Rodríguez é o futbolista con máis presenzas na selección de fútbol do Uruguai ao disputar 78 encontros, recibindo 69 goles.
Participaciones en Copa América
[editar | editar a fonte]Copa | Sede | Resultado | PX (G) |
---|---|---|---|
Copa América 1979 | Sen sede fixa | Primeira fase | 4 (-5) |
Copa América 1983 | Sen sede fixa | Campión | 8 (-6) |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos rexionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Campionato Paulista | Santos | Brasil | 1984 |
Campionato Baiano | Bahia | Brasil | 1993 |
Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1977 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1980 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1983 |
Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Suramericano Sub-20 | Selección xuvenil do Uruguai | 1975 | |
Copa Libertadores | Nacional | Uruguai | 1980 |
Copa Intercontinental | Nacional | Uruguai | 1980 |
Copa de Ouro | Selección de fútbol do Uruguai | 1980 | |
Copa América | Selección de fútbol do Uruguai | 1983 |