Roberto Oya Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Oya Alonso
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Roberto Oya Alonso, coñecido como Cachopas, nado en Vigo cara 1902 e finado na mesma cidade o 22 de decembro de 1941, foi un obreiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Metalúrxico de Lavadores. Foi detido en xullo de 1933 con Bernardo Álvarez Troncoso, Manuel Piñeiro Comesaña, Antonio Grilo Moreira e Manuel Cobas Vidal, acusados de colocar unha bomba no domicilio de Antonio Abalde Comesaña, en Santo André de Comesaña.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Álvaro Ballesteros Estévez, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Abraham Lloriente Sánchez, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,[2] volveu ser reclamado por requisitoria en agosto dese ano con outros veciños de Lavadores para ser xulgado na causa 194/37,[3] e foi declarado en rebeldía. Liderou un grupo de fuxidos que comezou a actuar en agosto de 1936 por Bembrive, Candeán, na contorna viguesa e no Condado. A Garda Civil atribúelles o asalto ás casas reitorais de Sárdoma (o 25 de xullo de 1936), Candeán e Bembrive e outras vivendas daquela zona. Foi detido en 1939. Xulgado en Vigo por rebelión militar foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo do Castro de Vigo, ás 8 horas do 22 de decembro de 1941.[4] En decembro de 1941 abríronlle expediente de responsabiliadades políticas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 23-7-1933, p. 12.
  2. El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 3-8-1937, p. 2.
  4. El Correo Gallego, 30-12-1941, p. 6.
  5. El Pueblo Gallego, 16-12-1941, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]