Álvaro Ballesteros Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álvaro Ballesteros Estévez
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Ballesteros Estévez, coñecido como Barbas, nado en Vigo e finado na mesma cidade o 2 de abril de 1938, foi un panadeiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Panadeiro na Travesía Ceboleira do Calvario, en Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Foi abatido nun monte en Becerreira (Cabral) o 2 de abril de 1938 xunto con Eduardo Araujo Conde nun enfrontamento cun destacamento falanxista de Cabral. Como causa da morte figura "por disparos en colisión con la fuerza pública".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]