Fermín Pais Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFermín Pais Alonso
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Cabral, España Editar o valor em Wikidata
Morte1939 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Fermín Pais Alonso, coñecido como Farrapeira, nado en Cabral (Vigo) cara a 1904 e finado en Vigo en 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi elixido vogal sociedade Cultural Deportiva Veritas de Cabral en xaneiro de 1923.[1] Afiliado ao Ateneo Libertario de Lavadores, era o seu abandeirado. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Álvaro Ballesteros Estévez, Guillermo Santos Caride, Abraham Lloriente Sánchez, Eugenio González Fernández e outros veciños de Lavadores fuxidos,[2] foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Agochado nunha leira de millo de Cabral propiedade de Benigno Rodríguez Vila, foi descuberto pola Garda Civil en outubro de 1938, pero logrou fuxir.[3] Finalmente foi detido en 1939. Morreu na cadea. Foi xulgado en Vigo co resultado de sobresemento pola súa morte na cadea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 19-1-1933, p. 5.
  2. El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2.
  3. El Compostelano, 29-10-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]