Saltar ao contido

Roberto González Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Roberto González del Blanco (1887-1959), pintor.
Modelo:BiografíaRoberto González Fernández
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1077981 BUSC: gonzalez-fernandez-roberto-1948

Roberto González Fernández, nado en Monforte de Lemos en 1948, é un pintor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriño da pintora Gloria Fernández Fernández, estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando entre 1969 e 1974, e en 1977 trasladouse a Edimburgo (Escocia). A partir dese momento viviu da pintura alternando tempadas de verán na capital escocesa e tempadas de inverno en Madrid, con puntuais visitas e exposicións en Galicia. En 1984 obtivo unha bolsa da The New York Foundation for the Arts.

Aínda que fundamentalmente pintor, Roberto González ten traballado tamén a fotografía e os formatos dixitais, aínda que en menor medida. A súa pintura é dun gran realismo formal, aínda que a temática incorpore contidos de protesta, irónicos ou oníricos, cunha base onde a figura do corpo humano está habitualmente presente. A homosexualidade e o tratamento do homoerotismo son tamén claves da súa obra.

A súa traxectoria é moi prolífica, e ten realizado ducias de exposicións individuais e tamén colectivas dende a súa primeira mostra en 1967 na galería coruñesa Artes. Moitas desas exhibicións tiveron lugar en Escocia e no Reino Unido, onde expón anualmente, e outras en diversas cidades de España, Galicia e outras partes do mundo. En novembro de 2008 realizou unha antolóxica en Ferrol, cunhas 300 obras de todo o seu percorrido como creador.

A súa obra está en importantes coleccións galegas (Colección Afundación, Deputación da Coruña, Museo de Belas Artes da Coruña...), escocesas (Edinburgh City Art Center, Museo Hunterian e Museo Kelvingrove de Glasgow...) e españolas (Fundación Argentaria, Comunidade de Madrid), así como nalgúns outros centros de arte do mundo (Colección Forbes de Nova York) e o Museo Victoria & Albert de Londres), entre outros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]