Robert Rossen
Robert Rossen | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||
Nacemento | 16 de marzo de 1908 | ||||||||||
Lugar | Nova York | ||||||||||
Falecemento | 18 de febreiro de 1966 | ||||||||||
Lugar | Nova York | ||||||||||
Causa | doenza | ||||||||||
Soterrado | Westchester Hills Cemetery | ||||||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||||||
Etnia | Pobo xudeu | ||||||||||
Educado en | Universidade de Nova York | ||||||||||
Cónxuxe(s) | Sue Siegel Rossen | ||||||||||
Profesión | Director, guionista | ||||||||||
| |||||||||||
Na rede | |||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||
Robert Rossen, nado en Nova York o 16 de marzo de 1908 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1966 foi un director e guionista estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira como director no teatro, en producións do Off Broadway. Coa comedia The Body Beautiful impresionou tanto a Mervyn LeRoy que o contratou como guionista persoal en 1936. Entre 1937 e 1947 foi membro do Partido Comunista Americano o que o obrigou a abandonar algún proxectos en Hollywood.
Debutou como director en 1947 con Johnny O'Clock apoiado polo protagonista, Dick Powell. Dous anos despois, o seu filme All the King's Men gañou o Óscar ao mellor filme. No filme Rossen explica como os defensores da xente corrente poden converterse en novos explotadores. Unha xuntanza do Partido Comunista nos Ánxeles criticou o filme e levou a Rossen a romper totalmente as súas relación co partido. En 1950 dirixiu The Brave Bulls, estreado o ano seguinte, que foi o último filme que dirixiu antes de que o puxesen na lista negra, tras ser considerado unha das dezanove “testemuñas non amigables” na súa declaración perante o House Un-American Activities Committee en outubro de 1947.
Finalmente volveu recuperar o éxito en 1961 con O buscavidas. Cando comezou a rodaxe de Lilith estaba enfermo e tras acabar xa perderá interese en volver a dirixir. Faleceu en 1966.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Filme |
---|---|
1947 | Johnny O'Clock |
1947 | Corpo e alma |
1949 | All the King's Men |
1951 | The Brave Bulls |
1954 | Mambo |
1956 | Alexander the Great |
1957 | Island in the Sun |
1959 | Chegaron a Cordura |
1961 | O buscavidas |
1964 | Lilith |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pells, Richard H. (1989). Wesleyan University Press, ed. The Liberal Mind in a Conservative Age: American Intellectuals in the 1940s and 1950s. ISBN 0-8195-6225-4. Consultado o 25 de febreiro de 2010.
- The H.W. Wilson Company, ed. (1987). World Film Directors, Volume One, 1890–1945. Nova York. pp. 971–976.