Robert Metcalfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Metcalfe
Robert Metcalfe National Medal of Technology.jpg
Nacemento7 de abril de 1946
 Brooklyn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterMIT Sloan School of Management, Universidade Harvard e Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Ocupacióninformático teórico, inventor, enxeñeiro, empresario e profesor universitario
Coñecido porLei de Metcalfe
PremiosPrêmio Grace Murray Hopper, Medalha Nacional de Tecnologia e Inovação, Medalha Alexander Graham Bell IEEE, EFF Pioneer Award, Medalha de Honra IEEE, Premio Marconi, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Computer History Museum fellow e Salón da Fama de Internet (EE.UU.)
editar datos en Wikidata ]

Robert Melancton Metcalfe, nado Brooklyn (Nova York) o 7 de abril de 1946,[1] é un enxeñeiro eléctrico e empresario estadounidense, pioneiro na creación de internet en 1970. Coinventou Ethernet, cofundou 3Com e formulou a lei de Metcalfe, que describe o efecto dunha rede de telecomunicacións. En xaneiro de 2011 foi nomeado profesor de innovación e emprendemento na Universidade de Texas en Austin.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende pequeno tivo un grande interese pola tecnoloxía, que logo o desenvolveu o estándar de rede máis popular do mundo, Ethernet, é á invención da wifi. Tamén fundou a empresa 3Com e formulou a lei de Metcalfe.

Metcalfe fixo os seus estudos de grao no MIT, onde se graduou en 1969 cos títulos de bacharel en enxeñaría eléctrica e de administración de negocios, este último pola Sloan School of Management do MIT. Só un ano despois, obtuvo o mestrado en matemáticas aplicadas na Universidade Harvard, para rematar os seus estudos en 1978 cun doutoramento en ciencias da computación cunha tese sobre conmutación de paquetes escrita mentres traballaba no proxecto MAC do MIT.[3]

Mentres finalizaba o doutoramento, en 1972, Metcalfe comezou a traballar para Xerox no centro de desenvolvemento de Palo Alto (Xerox PARC), onde coñeceu a D. R. Boggs. Metcalfe e Boggs inventaron o que se coñeceu como Ethernet, a tecnoloxía de área local que se emprega para conectar millóns de computadoras en todo o mundo. Metcalfe identificou o 22 de maio de 1973 como o día do nacemento de Ethernet, mentres que Broggs identifica o 11 de novembro do mesmo ano como o día en que o sistema realmente funcionou.[4]

En 1979, Metcalfe abandonou Xerox para fundar 3Com[5] en Santa Clara (California). Dende 3Com, Metcalfe traballou para promover a conectividade entre computadores persoais empregando a tecnoloxía Ethernet. A pesar de non lograr a participación de IBM, Metcalfe logrou o apoio de DEC, Xerox e Intel, e logrou impor Ethernet como o estándar máis popular en conectividade de redes LAN.

En 1980 recibiu o Premio Grace Murray Hopper da Association for Computing Machinery polo seu traballo no desenvolvemento de redes locais, especificamente Ethernet.

En 1990 abandonou 3Com tras unha disputa coa xunta directiva. Nese tempo logrou que a súa empresa se convertese nunha das que aparece na listaxe de Fortune 500 e un referente na área de conectividade. Metcalfe continúa ligado ao mercado informático, tanto cose seus artigos como coas súas charlas, sobre todo para Pop!Tech, unha conferencia executiva de tecnoloxía cofundada por el en 1997.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • "Packet Communication", MIT Project MAC Technical Report MAC TR-114, decembro de 1973 (versión reformada da disertación de Metcalfe en Harvard)
  • "Zen and the Art of Selling", Technology Review, maio/xuño 1992[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Robert Metcalfe, Inventor Profile". National Inventors Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2008. Consultado o 19 de outubro de 2007. 
  2. "Inventor of Ethernet and Venture Capital Executive Bob Metcalfe to Lead Innovation Initiatives at The University of Texas at Austin". The University of Texas at Austin. 8 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  3. "Pioneros de Internet - Bob Metcalfe". Consultado o 7 de decembro de 2007. 
  4. "The Legend of Bob Metcalfe". Wired. novembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  5. Hedden, Heather Behn; Salamie, David E.; Meyer, Stephen (2010) [previous versions appeared in vol.11 and 34]. Jacques, Derek; Kepos, Paula, eds. "3Com Corporation". International Directory of Company Histories (Farmington Hills, Michigan: St. James Press (Gale, grupo Cengage Learning)) 106: 465. ISBN 978-1-55862-640-9. 
  6. "Zen and the Art of Selling". Technology Review. xuño de 1992. Consultado o 4 de agosto de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]