Robert Fisk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Robert Fisk nunha sinatura de libros en 2008 en Nova Zelandia

Robert Fisk, nado o 12 de xullo de 1946 en Maidstone, é un escritor e xornalista inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun antigo soldado británico na Primeira Guerra Mundial, Robert Fisk estudou en Inglaterra e Irlanda, comezando a traballar como correspondente de prensa en Irlanda, cubrindo o conflito do Úlster, e mais en Portugal. Desde 1976 é correspondente en Oriente Medio, primeiro para The Times e despois para The Independent,[1] recibindo máis premios que calquera outro correspondente británico no estranxeiro e logrou o premio ao mellor xornalista internacional sete veces e o premio de Amnesty International en 2000 polas súas reportaxes en Serbia durante os bombardeos da OTAN. Publicou varios libros e cubriu a Guerra Civil do Líbano (iniciada en 1975), a invasión soviética de Afganistán (1979), a Guerra Irak-Irán (1980-1988), a invasión israelí do Líbano (1982), a Guerra Civil Alxerina e a guerra dos Balcáns, tamén o conflito palestino-israelí, a Primeira Guerra do Golfo Pérsico (1990-1991) e a Segunda Guerra do Golfo Pérsico (2003). Falante de árabe,[2] foi un dos poucos xornalistas occidentais en entrevistar a Osama bin Laden, o que fixo en tres ocasións entre 1993 e 1997.[3][4]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Robert Fisk Biography". London: Independent. Consultado o 12 de novembro de 2012. 
  2. "Listen to the Robert Fisk lecture – Activities – Faculty of Arts and Social Sciences – Kingston University London". Fass.kingston.ac.uk. Consultado o 21 de agosto de 2012. 
  3. Robert Fisk: The Great War for Civilisation: The Conquest of the Middle Eastpp. 1–39 ISBN 1-84115-007-X
  4. "Honoured War Reporter Sides With Victims of Conflict". New Zealand Press Association. 4 November 2005. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]