Rita de Cascia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1381 (Gregoriano) Roccaporena, Italia |
| Morte | 22 de maio de 1457 Cascia, Italia |
| Lugar de sepultura | basílica de Santa Rita de Cascia |
| Relixión | Igrexa católica latina |
| Actividade | |
| Ocupación | monxa cristiá, filósofa, monxa |
| Orde relixiosa | Monxas da Orde de Santo Agostiño |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 22 de maio |
| Patrón de | Incorrixibilidade, ferida, doenza, abuso e nai |
Rita de Cascia, nada en Roccaporena (Perugia) en 1381 e finada en Cascia o 22 de maio de 1457, foi unha relixiosa italiana e unha das santas máis populares da Igrexa católica.[1] O seu nome é probablemente unha abreviación de Margherita. Os seus símbolos representativos son as rosas e os figos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rita naceu na aldea de Roccaporena, cinco quilómetros ó oeste da vila de Cascia (provincia de Perugia, rexión de Umbría). Naceu de pais maiores, e foi bautizada co nome de Margherita Lotti.
A pesar de que quería ser monxa, cando tiña 14 anos de idade os seus pais casárona cun home da vila, chamado Paolo Mancini.[2] Tiveron dous fillos xemelgos, Jacobo e Paolo. Un día Mancini foi emboscado e asasinado.
Unha vez viúva, Rita pediu a admisión ao mosteiro das agostiñas de Santa María Madalena, en Cascia (estabelecido en 1256). Pero non foi aceptada debido a que só se permitían virxes. Un ano máis tarde (1417) tamén morreron os seus dous fillos púberes. Sen obrigacións familiares, Rita foi aceptada no convento, recibiu os hábitos de monxa, e máis tarde realizou a súa profesión de fe. Tiña 36 anos. No convento, Rita entregouse a unha vida de oración e penitencia.
Morte
[editar | editar a fonte]
Rita morreu no convento agustiniano o 22 de maio de 1457 á idade de 76 anos. A xente agrupouse no lugar para amosar os últimos respectos ó seu cadáver, que emitía unha intensa fragrancia doce (coma se fose embalsamado). O seu corpo consérvase até o presente (aínda que moi deshidratado). Empezaron a correr rumores de que por intercesión da monxa, sucedían curacións milagrosas. Así a devoción cara a Rita estendeuse por toda Italia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chiron, Yves. La verdadera historia de santa Rita: abogada de las causas perdidas. Ediciones Palabra. ISBN 978-84-8239-788-7.
Sin discusión, santa Rita es una de las santas más veneradas en el mundo entero; "la santa más popular junto a san Antonio de Padua" ha declarado Juan Pablo II.
- ↑ midwestaugustinians.org Arquivado 12 de febreiro de 2009 en Wayback Machine..