Aaliyah
Aparencia
Aaliyah Dana Haughton, nada o 16 de xaneiro de 1979 e finada o 25 de agosto de 2001, foi unha cantante afroamericana de R&B, que actuou tamén en dous filmes antes da súa morte nun accidente de aviación aos 22 anos.
Nada en Brooklyn, Nova York, medrou en Detroit. En 1994 lanzou o seu primeiro álbum, Age Ain't Nothing But a Number, que se converteu en disco de platino. O seu segundo álbum, Once In A Million saíu a fins de 1996, nel incluíase o éxito internacional If Your Girl Only Knew que acadou o dobre platino nos Estados Unidos. En 2001 a súa canción Try Again converteuse en número un na lista americana.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Medio | Papel | Notas |
|---|---|---|---|---|
| 1989 | Star Search | Programa de televisión | Ela mesma | 1 episodio |
| 1997 | New York Undercover | Serie de televisión | Ela mesma (convidada) | Tempada 3, episodio 65: "Fade Out" |
| 2000 | Romeo ten que morrer | Cine | Trish O'Day | |
| 2002 | Queen of the Damned | Cine | Raíña Akasha | Estrea póstuma |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aaliyah |