Bandırma B.İ.K.
| Teksüt Bandırma | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Liga | BSL / BCL |
| Fundación | 1994 |
| Desaparición | 2020 |
| Historia | Banvit (1994–2019) |
| Cores | Laranxa, verde, branco |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Patrocinador | Banvit |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Kara Ali Acar Sport Hall |
| Capacidade | 3 000 |
| Inauguración | 2001 |
| Campionatos | |
| Copa | 1 (2017) |
| bandirmabk.com | |
O Bandırma Basketbol İhtisas Kulübü foi un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Bandırma. Ao finalizar a temporada 2019−20 o club anunciou a renuncia á súa praza na Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto turco, debido a problemas financeiros. O seu maior éxito foi o título de Copa obtido no ano 2017.
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouse en 1994 polos traballadores da empresa cárnica Banvit, e até o ano 2001 xogou en competicións rexionais. Ao ano seguinte xogou na TBL2, a segunda competición do país, acabando no cuarto lugar do gurupo B. En 2004 alcanzan a primeira posición, ascendendo á TBL1.
Desde entón mantivéronse na máxima competición turca, xogando competicións europeas, conseguindo o seu maior logro en 2005, cando se clasificaron para a Final Four da FIBA Eurocup, perdendo en senifinales contra o que finalmente sería o campión, o CSU Asesoft Ploiesti de Romanía. O 1 de xuño de 2019, o Banvit cambiou o nome do equipo a Bandırma B.İ.K.[1] Ao finalizar a temporada 2019−20, o 21 de agosto, o club anunciou a renuncia á súa praza na Basketbol Süper Ligi debido a problemas financeiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @. "EFSANELER ADIYLA DEĞİL, RUHUYLA ANILIR" (Chío) – vía Twitter.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 30 de setembro de 2020 en Wayback Machine. (en turco)