Ricardo de Évreux
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XI Normandía |
| Morte | 13 de decembro de 1067 (Gregoriano) |
| Lugar de sepultura | Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle |
| Actividade | |
| Ocupación | feudatario |
| Outro | |
| Título | Conde de Evreux (1037–1067) |
| Familia | Casa de Normandía |
| Cónxuxe | Godehildis |
| Fillos | Agnes, Countess of Evreux, Guillerme de Évreux |
| Pais | Roberto de Évreux |
| Irmáns | Guillerme de Évreux Raúl de Gacé |
Ricardo de Évreux, nado contra 1011 e finado o 13 de decembro de 1067, foi un nobre normando que foi o primeiro conde de Évreux,[1][2] onde gobernou desde 1037 a 1067, durante o reinado de Guillerme o Conquistador, duque de Normandía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ricardo era fillo de Roberto de Évreux, chamado o Danés, arcebispo de Rouen,[2] e de Herleva de Rouen.[3]
Aparece na bibliografía en 1026, despois que seu pai lle doara o dominio de Douvrend, separado impropiamente dos bens da arquidiocese de Rouen.
O duque de Normandia Roberto I de Normandía morrera pouco antes, e a súa desaparición provocou unha polémica neste ducado a causa da súa sucesión, xa que algúns señores rexeitaron recoñcer a Guillerme o Bastardo (máis tarde o Conquistador), fillo ilexítimo do duque Robrto e da súa concubina Arlette de Falaise como duque.
En 1040, Raúl de Gacé, irmán de Ricardo, foi o instigador da morte de seu primo, Xilberto de Brionne, titor do xove duque, e tomou o seu lugar como titor. Os dous irmáns aproveitaron a súa posición dominante co duque para incrementar os seus bens, desfacerse da casa Tosny e repartir os despoxos dos seus inimigos vencidos. Ricardo casou coa viúva de Roxerio I de Tosny.
Cando o duque Guillerme asumiu os destinos do ducado, Ricardo, que parecía ter un papel modesto nas lotias polo poder, conservou os favores do duque. Fundou a continuación a abadía de San Salvador de Évreux, e foi presentado á asemblea de baróns normandos que decidiron a conquista de Inglaterra.
Xa moi maior, non participou na expedición para a conquista, pero financiou unha parte, e enviou oitenta navíos, así como ao seu fillo Guillerme, que participou na batalla de Hastings.
Ricardo morreu o 13 de decembro de 1067 e foi enterrado na Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle.
| Predecesor: Novo título |
Conde de Évreux 1037 - 1067 |
Sucesor: Guillerme de Évreux |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Algúns autores afirman que o primeiro conde foi seu pai, pero o prmeiro que se menciona con este título foi el.
- 1 2 Orderico Vital (Ordericus Vitalis): Historia Ecclesiastica, Vol. II, Liber III, Cap. I, páx. 10.
- ↑ Herleva de Rouen en Geneanet.
| A Galipedia ten un portal sobre: Normandía |
