Ricardo Moar Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard
Información persoal
Nome Ricardo Moar Ríos
Nacemento 20 de setembro de 1953 (70 anos)
Lugar de nacemento Ordes
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1972–1980 Deportivo da Coruña 151 (0)
1980–1985 Valladolid 116 (1)
1985–1987 Deportivo da Coruña 51 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Ricardo "Richard" Moar Ríos, nado en Ordes o 20 de setembro de 1953, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1972–73 debutou moi novo co Deportivo da Coruña en Primeira División, participando en 3 encontros, aínda que descendendo o equipo galego esa mesma campaña a Segunda División quedando penúltimo na clasificación. Estivo presente no descenso do club galego na tempada 1979–80 a Segunda B.

Na tempada 1980–81 foi contratado polo Real Valladolid, volvendo así a Primeira División. No club valisoletano estivo 5 tempadas, conseguindo na tempada 1983–84 a Copa da Liga.

Na tempada 1985–86 volveu ao Deportivo da Coruña de Txutxi Aranguren, onde estivo dúas campañas. Habitual no cadro titular durante as dúas tempadas, compartiu posición na zaga con xogadores como Antonio Dacosta, Silvi, Miloš Hrstić, Portela ou Froilán Maldonado. Na tempada 1986–87, adestrados por Eusebio Ríos, estiveron preto de ascender a Primeira División.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Valladolid

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]