Ricardo Mella Serrano
Ricardo Mella Serrano, nado en Sevilla o 11 de novembro de 1889 e morto no exilio en Caracas en 1958[1], foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
Fillo do pensador anarquista Ricardo Mella e irmán da tamén política e feminista Urania, foi militante do PSOE e ocupou diversos cargos dentro da súa executiva, tanto da local coma da nacional. Fundou en Vigo no 1917 o semanario de carácter socialista La Linterna.[2]
Foi vicepresidente do Celta,[3][4] e autor do primeiro deseño do Estadio de Balaídos[5] Tamen colaborou co seu pai no proxecto dos tranvías da cidade.[6]
Foi nomeado gobernador civil de Jaén no 24 de agosto do 1937,[7] cargo que exerceu ata maio do 38,[8] e trasladado ao mesmo posto a Alicante ata marzo do 39.[9][10] Derrotada a República, tivo que fuxir a Francia e desde alí pasou á República Dominicana,[11] onde dirixiu a revista Nuevo Rumbo. Marchou cara a Venezuela ao ter problemas ca ditadura de Trujillo, onde formou parte da Agrupación de Socialistas Españoles en Venezuela, da que foi botado no agosto do 1946 ao ser partidario de Negrín.[12] Finou en Caracas no 1958.
Notas
- ↑ Apéndice bibliográfico, capítulo XI da edición de Vladimiro Muñoz de Forjando un mundo libre de Ricardo Mella Cea
- ↑ Enciclopedia Galega Universal
- ↑ Hemeroteca do ABC
- ↑ El Orzán: diario independiente, Ano X, número 2834, 22 xulio do 1927 Acceso a través da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
- ↑ Artigo na Voz de Galicia.
- ↑ María Álvarez-Blázquez Fernández O tranvía en Vigo
- ↑ Decreto no BOE
- ↑ Hemeroteca do ABC
- ↑ Decreto no BOE
- ↑ Solidaridad Obrera: A.I.T. Órgano del movimiento libertario español en Francia Ano XIV, número 682 - 17 abril 1958. Acceso a través da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
- ↑ Páxina dos Movimientos migratorios Iberoamericanos da Secretaría de Estado de Cultura.
- ↑ Dicionario Biográfico do Socialismo Español