Ricardo Conde Salgado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1853 A Coruña, España |
Morte | 11 de setembro de 1938 (85 anos) Villa Urquiza, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Membro de | |
Ricardo Conde Salgado, nado na Coruña o 3 de abril de 1853 e finado en Villa Urquiza (Provincia de Entre Ríos) o 11 de setembro de 1938, foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o ensino secundario na Coruña e Santiago de Compostela. En 1871 trasladouse a Madrid para cursar a carreira de Medicina e logo de dous anos de estudos decidiu emigrar á Arxentina. Comezou traballando no comercio e despois pasou á docencia e ao xornalismo. Colaborou en El Correo Español, El Gallego, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego, participou na fundación de La Prensa Española e dirixiu un tempo La Opinión. Foi profesor en varios centros privados e no Instituto Mercantil e catedrático de Xeografía Marítima, Historia e Lingua Castelá na Escola Naval Militar.
Foi correspondente da Real Academia Galega.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Misión civilizadora de los españoles en la conquista de América, premiada nos Xogos Florais organizados polo Centro Gallego.
- Canto a Galicia, premiado nos Xogos Florais da Asociación Patriótica Española o 22 de outubro de 1904.
- Los Municipios en la América Española (El Eco de Galicia, núms. 285-290, 1899).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Conde Salgado, Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 272.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 296.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 538. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilanova, Alberto (2005). "Conde Salgado, Ricardo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.