Rexión de Mykolaiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Situación da rexión de Mykolaiv en Ucraína.

A rexión de Mykolaiv (en ucraíno Миколаївська область) é unha rexión (oblast) do suroeste de Ucraína, con capital na cidade de Mykolaiv.

Ten unha superficie de 24.585 km², abarcando o 4% do territorio do país. A súa poboación alcanzaba en 2013 os 1.126.148 habitantes, cerca do 3% da poboación do país.

Os principais ríos que a atravesan son o Bug Meridional e o Ingul.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Distritos da rexión.

A rexión de Mykolaiv está dividida en 19 distritos (s. район, "raion", pl. райони, raiony, subdivisión administrativa similar ás comarcas galegas) e 1 cidad que non dependen de ningún distrito, senón directamente da rexión - Mykolaiv.

Composición da poboación[editar | editar a fonte]

Demograficamente a rexión é considerada un enclave multiétnico:[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Nestas terras viviron escitas, sármatas, romanos, godos, rus de Kiev, hunos, mongois, tártaros, gagauz, turcos etc. Os pobos turcos, como os tártaros, gagauz e turcos, legaron moitos dos topónimos da metade sur da rexión.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]