Rexión de Cherkasy
| Черкаська область (uk) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Ucraína | ||||
| Capital | Tcherkássi (pt) | ||||
| Contén a división administrativa | Cherkasy Raion (en) Uman Raion (en) Zolotonosha Raion (en) Zvenyhorodka Raion (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.160.744 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 20.900 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 7 de xaneiro de 1954 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Oleksandr Skichko (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 47 | ||||
| ISO 3166-2 | UA-71 | ||||
| Identificador KOATUU | 7100000000 | ||||
| Sitio web | ck-oda.gov.ua | ||||
O Óblast de Cherkasy (en ucraíno Черкаська область) é un óblast (provincia) de Ucraína central, situado ao longo do río Dnieper. A súa capital administrativa é Cherkasy.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Con 20.900 km², o óblast de Cherkasy é o 18º máis grande do país, comprendendo sobre o 3,5 % da área. Fai fronteira ao norte co óblast de Kíiv, ao sur co óblast de Kirovohrad, ao oeste co óblast de Poltava, e ao leste co óblast de Vinnytsya.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do óblast de Cherkasy está en gran parte dominada pola agricultura. Mentres o trigo e as remolachas de azucre son os principais produtos, a cebada, o millo, o tabaco e o cánabo son tamén cultivados.
A industria está principalmente concentrada en Cherkasy, a capital do óblast e a cidade máis grande.
Organización administrativa
[editar | editar a fonte]O óblast de Cherkasy está dividido en 20 raions (distritos). Hai un total de 25 cidades, 34 vilas e 838 aldeas.
Os datos seguintes incorporan a cantidade de cada tipo de divisións administrativas do óblast de Cherkasy:
- Centro administrativo - 1 Cherkasy;
- Raions - 20;
- Cidade - Raion - 2;
- Concellos - 855, incluíndo;
- Aldeas - 824;
- Cidades/Vilas - 31, incluíndo;
- Asentamentos de tipo urbano - 15;
- Cidades - 16, incluíndo;
- Cidades baixo o subestatuto do óblast - 6;
- Cidades baixo o subestatuto do raion - 10;
- Silradas - 525
Raions
[editar | editar a fonte]- Raion de Cherkasy
- Raion de Chornobay
- Raion de Chyhyryn
- Raion de Drabiv
- Raion de Horodyshche
- Raion de Kamyanka
- Raion de Kaniv
- Raion de Katerynopil
- Raion de Khrystynivka
- Raion de Korsun-Shevchenkivskyi
- Raion de Lysianka
- Raion de Mankivka
- Raion de Monastyryshche
- Raion de Shpola
- Raion de Smila
- Raion de Talne
- Raion de Uman
- Raion de Zhashkiv
- Raion de Zolotonosha
- Raion de Zvenyhorodka
