Republican Sinn Féin
Republican Sinn Féin (RSF) Sinn Féin Poblachtach | |
---|---|
Partido político de Irlanda | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Ruairí Ó Brádaigh |
Historia | |
Fundación | 1986[1] |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Republicanismo irlandés Lexitimismo republicano Abstencionismo Socialismo Éire Nua |
Outros datos | |
Sede | 223 Parnell Street, Dublín |
Publicación | Saoirse |
Na rede | |
www.rsf.ie | |
O Sinn Féin Republicano (Republican Sinn Féin, RSF; en irlandés Sinn Féin Phoblachtach) é un partido político de Irlanda xurdido como escisión do Sinn Féin logo do ardfheis de 1986, cando a dirección do mesmo decide rematar coa política abstencionista e ocupar os seus escanos obtidos no Dáil Éireann. Os escindidos consideran que o Dáil é ilexítimo xa que non representa aos 32 condados da illa, e que polo tanto a única autoridade lexítima sobre toda a illa a ostenta o Consello Militar do IRA.
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]O RSF é abstencionista, xa que non recoñece a lexitimidade do Dáil Éireann nin do Parlamento de Stormont, estabelecidos ambos por actas de Westminster e en contra dos desexos da maioría do pobo irlandés.
O RSF apoia a creación dun estado irlandés baseado na xustiza social, de acordo cos principios do republicanismo socialista irlandés. Cre na separación Igrexa-Estado. Apoia ademais a recuperación do gaélico irlandés como parte moi importante da cultura irlandesa.
Republican Sinn Féin é internacionalista. Pula por eliminar a débeda externa e aqueles aspectos do comercio internacional que empobrecen aos pobos do Terceiro Mundo. Apoia a neutralidade respecto a alianzas militares e practica a solidariedade con aqueles pobos que loitan pola liberdade e/ou a xustiza.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundárono nunha xuntanza clandestina nun hotel as aforas de Dublín Ruairí Ó Brádaigh e Dáithí Ó Conaill xunto con Des Long, Joe O'Neill, Frank Glynn e outros homes importantes do IRA Provisional. Entre eles, membros del primeiro Consello Militar do IRA. Había en total 9 dos 20 primeiros membros dos Provisional Sinn Féin.
Relacións con outras organizacións
[editar | editar a fonte]O RSF vese como unha parte dun movemento republicano máis amplo cun número de organizacións que comparten perspectivas políticas e ideolóxicas moi semellantes, se non as mesmas. Estas inclúen o Continuity Irish Republican Army, Cumann na mBan, Fianna Éireann, Cabhair e o National Commemmoration Committee e o Grupo de Acción dos Prisioneiros Republicanos. Crese que moitos dos membros destas organizacións tamén militan no RSF, aínda que o RSF rexeita totalmente a afirmación de que é a "póla política" do IRA de Continuidade, e nega que este sexa a súa "póla militar".
Proscrición
[editar | editar a fonte]Malia isto, o RSF ten sido proscrito polo Departamento de Estado dos Estados Unidos como unha organización terrorista xunto co CIRA. Así, o Departamento de Estado di no seu sitio web que o "CIRA é un grupo terrorista formado en 1994 como a á clandestina armada do Republican Sinn Féin, que se escindiu do Sinn Féin en 1986. 'Continuity' refírese á crenza do grupo de que é portador da misión orixinal do Irish Republican Army (IRA) orixinal de botar aos británicos fora de Irlanda do Norte. Os aliados do CIRA, Continuity Army Council e Republican Sinn Féin, tamén foron incluídos na súa designación como Foreign Terrorist Organisation."[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Proclámase lexítimo herdeiro do Sinn Féin fundado en 1905.
- ↑ Información acerca do RSF nunha web do Sinn Féin (inglés)
- ↑ "U.S. Department of State - Country Reports on Terrorism". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2006. Consultado o 26 de maio de 2006.