Cumann na mBan (en inglés Irishwomen's Council e en galego, Liga das Mulleres), era unha organización paramilitarirlandesa de ideoloxía republicana estabelecida en Dublín o 5 de abril de 1914 como unha organización auxiliar dos Irish Volunteers. Malia seren unha organización independente, a súa executiva estaba subordinada á dos Volunteers.