Saltar ao contido

Continuity Irish Republican Army

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Continuity Irish Republican Army
 Instancia de
 Ideoloxía política
Persoas e organizacións
 Afiliación
Datas e cronoloxía
 Fundación
1986 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Conflito
Localización
 País
Wikidata C:Commons

O Continuity Irish Republican Army, CIRA (en galego: Exército Republicano Irlandés de Continuidade, máis coñecido como IRA de Continuidade) é unha organización paramilitar republicana irlandesa que xurdiu como escisión do Provisional Irish Republican Army en 1986 ao aceptar o Sinn Féin a lexitimidade do Dáil Éireann.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os que o apoian considérano o herdeiro do exército nacional da República Irlandesa de 32 condados. É unha organización ilegal na República de Irlanda e está considerada como unha organización terrorista polo Reino Unido e os Estados Unidos de América[1].

O CIRA rexeita recoñecer o Acordo de Venres Santo de 1998, polo que mantén a súa actividade armada. O primeiro ataque terrorista do CIRA ocorreu o 13 de xullo de 1996 cando un coche bomba composto de 1.200 libras de explosivos improvisados detonou ao lado do Kilyhelvin Hotel en Enniskillen, Condado de Fermanagh (na parte suroeste de Irlanda do Norte). Na explosión resultaron feridas 17 persoas.[2]

Despois tamén se viu en numerosos atentados con bomba e tiroteos e tamén participou en secuestros, extorsións e roubos. Os obxectivos do CIRA foron militares británicos e policías (especialmente do RUC e, tras a desaparición deste corpo, do PSNI), así como accións de represalia contra paramilitares lealistas ou unionistas.

O 10 de marzo de 2009 morre tiroteado un policía en Craigavon. A acción foi reivindicada polo CIRA, sendo a primeira baixa mortal ocasionada por este grupo escindido do IRA.[3][4]

  1. "CIRA added to US Terror List". BBC. 13 de xullo, 2004[1]
  2. Cronoloxía dos Troubles, dende CAIN [2] (en inglés)
  3. www.elpais.com
  4. Police officer shot dead in town, BBC, 10 de marzo de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Organizacións armadas republicanas irlandesas
Actuais: Cumann na mBan | CIRA | INLA | ÓnaÉ | RIRA | SnaÉ
Antigas: IPLO | IRA | Irish Volunteers | OIRA | PIRA | Saor Éire | Saor Uladh